Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Galicia

R e MasOrange completan levan a cobertura aos 245 municipios galegos de menos de 10.000 habitantes

O proxecto permitirá que Galicia conte este ano cunha cobertura 5G practicamente total

O proxecto desenvolveuse grazas ao Plan UNICO 5G_Redes Activas
El Ideal Gallego
banner-620x50
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
liceo620
MCDONALDS 620X50

R e MasOrange completaron o despregamento previsto no marco do Plan UNICO 5G_Redes Activas, levando a tecnoloxía 5G aos 245 municipios galegos de menos de 10.000 habitantes incluídos no programa. A actuación representa un novo avance na transformación dixital de Galicia e na redución da fenda dixital entre o ámbito urbano e o rural.

O proxecto desenvolveuse grazas ao Plan UNICO 5G_Redes Activas, financiado polo Fondo de Recuperación da Unión Europea – NextGenerationEU e xestionado polo Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

Coa execución desta iniciativa, o 97 % da poboación galega xa dispón de cobertura 5G de R e MasOrange e a previsión é que, ao longo deste ano, Galicia alcance unha cobertura practicamente total.

Máis conectividade para o rural galego

O programa permitiu despregar tecnoloxía 5G Stand Alone (5G SA) no 80 % dos municipios galegos, un territorio no que reside arredor do 20 % da poboación da comunidade. Trátase de concellos caracterizados pola súa dispersión xeográfica e pola dificultade que supón facer chegar infraestruturas de telecomunicacións de última xeración.

A nova rede permitirá que fogares, empresas e administracións locais accedan a conexións máis rápidas, estables e con menor latencia, favorecendo o teletraballo, a dixitalización empresarial, a educación en liña e o acceso a servizos dixitais avanzados. 

Entre os municipios beneficiados atópanse algúns dos menos poboados de Galicia, como Negueira de Muñiz, A Teixeira, Larouco, Pontedeva ou Ribeira de Piquín, que xa dispoñen da mesma tecnoloxía móbil avanzada que as principais cidades.

Un compromiso coa igualdade de oportunidades

Ademais do despregamento realizado a través do Plan UNICO 5G, R continúa impulsando novas solucións para mellorar a conectividade no territorio. Entre elas destaca cachocobertura R, un servizo deseñado para mellorar a cobertura móbil no interior de vivendas e negocios con dificultades de recepción debido ás características dos edificios. 

A compañía tamén segue ampliando o seu servizo Internet Rural, que emprega tecnoloxía 5G para ofrecer conexións de alta velocidade en zonas onde non é posible instalar fibra óptica. Esta solución permitirá que preto de 300.000 inmobles galegos poidan acceder a velocidades de ata 1 Gbps.

Segundo explicou Alfredo Ramos, director de R e responsable territorial de MasOrange en Galicia, “o despregamento do 5G rural supón garantir a igualdade de oportunidades para que as persoas poidan vivir, traballar e emprender desde calquera punto de Galicia coas mesmas posibilidades que nas grandes cidades”. 

A finalización do Plan UNICO 5G_Redes Activas reforza así o compromiso de R e MasOrange coa cohesión territorial e coa transformación dixital de Galicia, contribuíndo a que ningunha persoa nin empresa quede atrás no acceso ás novas tecnoloxías.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620