Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Galicia

A Cidade da Cultura consegue rexistrar “o mellor semestre da súa historia”

O conselleiro López Campos sinala que as actividades da institución chegaron aos 120.000 participantes

López Campos, cuarto pola esquerda, durante a reunión deste martes do Padroado da Cidade da Cultura de Galicia
López Campos, cuarto pola esquerda, durante a reunión deste martes do Padroado da Cidade da Cultura de Galicia
Cedida
banner-620x50
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
liceo620
MCDONALDS 620X50

A Cidade da Cultura de Galicia rexistrou este 2026 o “mellor primeiro semestre da súa historia” ao alcanzar os 120.000 participantes nas actividades programadas polo Gaiás neste período.

 Así o informou este martes o conselleiro de Cultura, José López Campos, na reunión do Padroado da Fundación Cidade da Cultura, na que se deu conta do incremento de case un 20% na asistencia á programación durante os seus primeiros meses do ano.

 A falta dos datos definitivos deste mes de xuño, a Cidade da Cultura prevé pechar o semestre con ao redor de 120.000 persoas participantes na súa programación, case un 20% máis que no mesmo período de 2025, sendo ademais a mellor cifra rexistrada nun primeiro semestre desde a apertura do complexo.

 Durante a reunión, o titular de Cultura do Goberno galego destacou que estes datos consolidan a “tendencia positiva e de expansión” do programa cultural do Gaiás, tras pechar o pasado exercicio como o mellor da súa historia en participación.

 Neste sentido, atribuíu os bos resultados á diversidade da programación cultural, ao reforzo das actividades familiares –con incorporacións salientables nesta primavera como Gaiás en xogo– e á ampliación das propostas vinculadas ás exposicións do Museo Centro Gaiás baixo o título ‘Gaiás inspira’.

 Ademais, para o conselleiro, “este dato reflicte a boa acollida por parte do público da oferta expositiva do Museo neste arranque do ano”. O conselleiro avanzou tamén algunhas das principais propostas previstas para a segunda metade do ano, entre elas unha exposición en colaboración co Museo Nacional Centro de Arte Raíña Sofía que establecerá un diálogo entre obras de artistas galegas presentes na colección desta institución e creacións contemporáneas que serán realizadas para este proxecto.

 No outono, inaugurarase a mostra arqueolóxica ‘A terra do ouro branco’, en colaboración co Instituto de Ciencias do Patrimonio e en 2027 exhibirá “unha das coleccións de ouro máis relevantes do mundo, grazas ao acordo alcanzado co Museo do Ouro do Banco da República de Colombia, nun proxecto no que participan tamén o Museo Arqueolóxico de Alacant e o Mamuz de Austria”, sinalou López Campos. 

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620