Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Galicia

A Xunta premia 45 proxectos de alumnos de formación profesional pola súa innovación 

A Coruña conta con 19 proxectos premiados, entre eles un do CIFP Someso e outro do Ánxel Casal de Montealto

Vista del CIFP Ánxel Casal, en Monte Alto
Vista del CIFP Ánxel Casal, en Monte Alto
Quintana
banner-620x50
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
liceo620
MCDONALDS 620X50

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidade e Formación Profesional vén de recoñecer o traballo de 45 centros cos premios ao desenvolvemento de proxectos de innovación no ámbito da FP.   A Coruña conta con 19 proxectos premiados, entre eles un do 

O obxectivo destes galardóns, que contan cun orzamento de un millón de euros, é potenciar a investigación desenvolvida polo alumnado, o traballo en grupo e a transferencia de coñecemento entre centros educativos, empresas e outras entidades, procurando a excelencia nestas ensinanzas, ao tempo que se fomenta o emprendemento entre os seus titulados.

Nos 45 proxectos premiados participan 34 centros coordinadores, 43 centros cooperadores e 69 entidades colaboradoras. Por familias profesionais, Transporte e mantemento de vehículos; Madeira, moble e cortiza; Electricidade e electrónica, e Hostalaría e turismo son as máis frecuentes entre as iniciativas galardoadas. 

Por provincias, A Coruña conta con 19 proxectos premiados seguida de Pontevedra con 12, Lugo con nove e Ourense con cinco proxectos.

Modalidades

A convocatoria desenvólvese arredor de tres modalidades. A primeira delas, céntrase en iniciativas que teñen como obxectivo a xeración de innovación tecnolóxica ou científica e que redunden na mellora de procesos de produción ou de prestación de servizos. 

A segunda modalidade diríxese a traballos que teñan como obxectivo a creación de materiais ou recursos didácticos que supoñan unha clara innovación nalgunha das familias profesionais. Debían estar orientados á introdución e á aprendizaxe de novos contidos, tecnoloxías avanzadas e instrumental ou maquinaria na aula ou no taller, potenciando o deseño de materiais didácticos, deseño de prototipos ou simuladores, laboratorios para prácticas ou maquetas, aplicacións informáticas, etc. 

A terceira modalidade abrangue os proxectos de orientación profesional innovadores, centrados nas necesidades reais do mercado laboral e adaptados ás capacidades e aspiracións do alumnado, que incidan na redución do abandono escolar. A través de ferramentas e recursos novidosos, debían axudar o alumnado na definición de itinerarios formativos e profesionais, na adquisición de competencias clave e na exploración de oportunidades laborais e emprendedoras.

Galardoados 

Na segunda modalidades destacou polo seu enfoque na sostibilidade e a vangarda tecnolóxica aplicada á industria traballos como 'Estación de recuperación circular de ladrillo e arxila' do CIFP Someso, que implementa unha metodoloxía de residuo cero para permitir a reutilización íntegra dos materiais de construción e reducir a pegada de carbono. 

Por outra banda, o proxecto 'GuíAme' do CIFP Ánxel Casal de Montealto, que consiste nun chatbot baseado na intelixencia artificial que se integra nas webs dos centros para resolver de xeito inmediato dúbidas sobre procesos de admisión, itinerarios formativos e acreditación de competencias, fíxose cun galardón na terceira modalidade. 

Estes premios enmárcanse no Plan Innova FP Galicia 26-30, a estratexia da Xunta para dar o pulo definitivo á innovación e investigación aplicada nestas ensinanzas e aliñalas cos obxectivos estratéxicos da I+G+i galega. Esta folla de ruta conta cun orzamento de case 30 M€ co que se afondará en eidos como a transferencia da investigación e a innovación desenvolvida nos centros de FP aos sectores produtivos e a explotación dos seus resultados favorecendo os proxectos de base tecnolóxica.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620