Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Galicia

Abre este luns o prazo para optar a unha das 50.244 prazas de FP de novo ingreso para o curso 2026/27

O período para presentar as solicitudes permanecerá aberto ata o 30 de xuño

Alumnos de mecánica de automoción participan en un programa de FP Dual
Alumnos de mecánica de automoción participan en un programa de FP Dual
EFE
banner-620x50
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
liceo620
MCDONALDS 620X50

A Xunta abrirá este luns o prazo para optar a algunha das 50.244 prazas de FP de novo ingreso que se ofertan para o próximo curso 2026/27.

Tal e como trasladou o Goberno galego nunha nota de prensa, o período para presentar as solicitudes permanecerá aberto ata o 30 de xuño e as persoas interesadas deben realizar os trámites vía telemática a través da aplicación de admisión de alumnado dispoñible no Portal Educativo.

Unha vez pechado o prazo, empezará o período de adxudicación, que se desenvolverá integramente en xullo, unha novidade incorporada o ano pasado. A primeira adxudicación de prazas terá lugar o 10 de xullo, co prazo de matrícula aberto entre o 10 e o 15 dese mesmo mes.

A continuación, coas prazas que queden libres realizarase unha segunda adxudicación o 20 de xullo, con prazo de matrícula entre o 20 e o 23 de xullo.

Finalmente, a terceira será o 27 de xullo e a matrícula formalizarase entre o 27 e o 29 de xullo. Nos casos nos que queden ciclos con vacantes por cubrir, procederase a chamar por orde de lista de espera ata completar as prazas.

De cara ao próximo curso, os interesados poderán elixir entre 277 titulacións diferentes –44 delas de nova implantación– distribuídas entre 159 ciclos de grao básico, medio e superior, 33 másteres, 27 títulos de alta especialización, 45 formacións aceleradas e 14 programas formativos orientados a persoas con necesidades educativas especiais.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620