Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Galicia

Así será o curso escolar 2026-2027 en Galicia: datas de inicio, vacacións e días non lectivos

A orde con todas as datas oficiais publicarase este luns no Diario Oficial de Galicia

Alumnos del CEIP Emilia Pardo Bazán, a su llegada al colegio el primer día de este curso
Alumnos do CEIP Emilia Pardo Bazán, no primer día de curso
Patricia G. Fraga
banner-620x50
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
liceo620
MCDONALDS 620X50

O curso escolar 2026-2027 comezará en Galicia o próximo 9 de setembro e rematará o 21 de xuño de 2027 para todas as etapas educativas, agás os segundos cursos dos ciclos de FP, que rematarán o 15 de xuño. A orde co calendario oficial completo publicarase este luns no Diario Oficial de Galicia.

No caso das Ensinanzas de Réxime Especial, como xa se fixo no presente curso, tendo en conta as características e particularidades deste tipo de estudos, poderá flexibilizarse o inicio das actividades lectivas ata o 16 de setembro como data máxima. Tamén cómpre subliñar que, no caso de 2º de Bacharelato, as clases rematarán de acordo coas datas que se establezan para a Proba de Acceso á Universidade, PAU.

Así pois, logo de ser abordado na Mesa Sectorial Docente, os períodos de vacacións escolares quedan fixados do seguinte modo: 

  • No Nadal, do día 22 de decembro ao 7 de xaneiro, ambos inclusive
  • No Entroido, os días 8, 9 e 10 de febreiro
  • Na Semana Santa, desde o día 22 ata o 29 de marzo, ambos incluídos. 

Ademais, serán días non lectivos o 7 de decembro (Día do Ensino) e as festas laborais de ámbito estatal, autonómico e local.

A orde de calendario tamén recolle que, para o vindeiro curso, as probas de avaliación de diagnóstico, fixadas polo Goberno do Estado a través da Lei de educación Lomloe, terán lugar entre o 19 e o 23 de abril para 2º da ESO e entre o 26 e o 30 de abril para 4º de Primaria. 

Canto ao período de adaptación en 4º de Infantil, os centros poden optar por unha incorporación gradual que non se prolongará máis aló do 15 de setembro.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620