Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Galicia

Dolores Vilavedra: “Non nos podemos permitir a perda da lingua galega”Dolores Vilavedra | “Non nos podemos permitir a perda da lingua galega”

A presidenta do Consello da Cultura Galega chega aocargo desde as bases da militancia cultural coa firme intención de adaptarse aos novos tempos e ás novas tecnoloxías para non perder a tradición

A presidenta do Consello da Cultura Galega, Dolores Vilavedra
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Dolores Vilavedra
Xoán Rey (Efe)
banner-620x50
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
liceo620
MCDONALDS 620X50

A nova presidenta do Consello da Cultura Galega (CCG), Dolores Vilavedra, asegurou que “non nos podemos permitir” a perda da lingua galega xa que “a diferenza é o que nos fai seres humanos” e sen ela extinguiriámonos.

 “Todo o que sexa cultivar o diferente fainos máis ricos como seres humanos, temos que defender a diferenza como trazo fundamental da condición humana”, recalcou esta catedrática e filóloga viguesa que a semana pasada foi elixida por unanimidade a cargo do CCG en substitución de Rosario Álvarez.

 Ademais, subliñou que “hai moitas cousas que só podemos dicir en galego, os matices que teñen tantas palabras” polo que perder a lingua sería “unha perda de capital emocional que non nos podemos permitir nin como individuos nin como comunidade”.

 Vilavedra recoñece que o diagnóstico sobre a situación da lingua é “implacable” e que están “seriamente preocupados”, pero considera que a sociedade é “dinámica e hai axentes que están a conseguir resultados tan esperanzadores” que hai que ampararse niso “porque o derrotismo é nefasto para a lingua”.

"A botella medio chea"

“Na lingua temos que facer o esforzo por intentar ver a botella medio chea e poñer no seu xusto valor todo o que están a facer distintos axentes sociais que ás veces non gozan de moita visibilidade porque se moven un pouco nas marxes e que están a facer moitísimo pola lingua: o fenómeno musical, o audiovisual, non digamos a literatura –que leva moito tempo dándonos grandes alegrías–, o deporte”.

 Neste sentido, cre que é necesario gañar axentes cómplices na sociedade, como o caso do equipo de fútbol do Celta, “que é modélico e está a crear unha empatía e unha sensibilidade social cara á lingua que é un primeiro paso fundamental, sen o que logo non se dá o de empezar a usar o galego como lingua”.

 Sobre o pacto polo idioma, Vilavedra está “expectante” polo informe que presente a comisión para a actualización do plan de normalización lingüística creada pola Xunta que “parece que incluirá” as medidas que propuxo no seu día o CCG.

 Unhas propostas, dixo, que poderían “ser implantadas practicamente de inmediato, sen requirir grandes cambios normativos e sen grandes custos económicos ou mesmo con custo cero”.

“O que sexa cultivar o diferente fainos máis ricos, temos que defender a diferenza como trazo fundamental da condición humana”

Destaca que a “autonomía” do CCG é “a súa gran forza” e “unha singularidade no conxunto do estado español”.

 “É radicalmente autónomo e preservamos celosamente esa autonomía porque é a nosa principal fortaleza, que ás veces é incómoda para os poderes políticos ou para determinados actores sociais”.

Órgano estatutario

Un órgano nado do Estatuto de Autonomía cuxas funcións son “avaliar, informar, diagnosticar e orientar”, alén de preservar o patrimonio cultural e realizar unha actividade de programación e produción de contidos, que pretende que sexa “arriscada e creativa” durante o seu mandato ante a “crise evidente das formas de consumo cultural” e o rápido desenvolvemento da intelixencia artificial.

 “É nese contexto onde temos que ensaiar novas fórmulas, aproveitar as vantaxes da tecnoloxía, evitar o risco de saturación, chegar a públicos máis novos e seguir conquistando novos públicos, desde un compromiso radical co coñecemento que ten que ser o que marque a diferenza entre o que ofrece o CCG e o que a cidadanía pode atopar noutros contextos”.

 Respecto ás críticas dun suposto “acaparamento” que recibiu o seu nomeamento polo feito de que o seu marido, Henrique Monteagudo, sexa o presidente da Real Academia Galega, rexéitaas porque ambas as institucións son “como dous mundos que traballan en esferas diferentes, con dinámicas distintas e velocidades diversas”.

 Sinala que a academia é un ente privado e o CCG un órgano público e que coincidiu que Monteagudo e ela estean en “postos de moita visibilidade”, pero que levan “décadas traballando no ámbito da cultura galega”.

 En canto á polémica que desatou o nomeamento de Eva López Tarrío como directora do Centro Galego de Arte Contemporánea, indica que o Consello “hai tempo que ten unha gran preocupación pola gobernanza das institucións culturais” xa que observa que “sobre iso prodúcense crises reiteradas”. 

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620