Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Galicia

A Consellería de Sanidade inicia unha campaña para o uso responsable dos servizos sanitarios na comunidade

A iniciativa comeza a funcionar hoxe a través de medios de comunicación tradicionais e redes sociais

Gómez Caamaño e Lobato, este martes na presentación da campaña
Gómez Caamaño e Lobato, este martes na presentación da campaña
Xurxo Martínez (Efe)
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
liceo620
MCDONALDS 620X50

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, e a secretaria xeral técnica, Natalia Lobato, presentaron este martes unha campaña para o uso responsable dos servizos sanitarios co obxectivo de concienciar aos usuarios e aos profesionais da sanidade pública para “gañar en eficacia e eficiencia”.

 A campaña –que se inicia este mércores nos medios de comunicación e as redes sociais– persegue, segundo o conselleiro, “promover hábitos que favorezan o mellor funcionamento do sistema sanitario”, tales como acudir ás citas programadas ou cancelalas con antelación cando non sexa posible asistir a ou acudir a urxencias só cando sexa necesario.

 “Trátase de pequenas accións individuais que poden xerar un impacto moi positivo no sistema”, afirmou Caamaño, que apuntou que en 2025 perdéronse no Sergas 1,1 millóns de consultas por non acudir ás mesmas e non ser anuladas: 864.000 en Atención Primaria e case 248.000 en consulta hospitalaria.

 A campaña incluirá un anuncio televisivo, alén de mensaxes en radio e nas redes sociais da Xunta e a Consellería.

 “Se acudimos a urxencias só cando é necesario, axudamos aos que máis o necesitan ou se anulas unha cita, axudas a que outra persoa sexa atendida antes”, recalcou e insistiu en que “se todos actuamos con responsabilidade, estamos a garantir a atención a quen máis o precisa”.

 Segundo o conselleiro, a campaña está dirixida tanto á poboación en xeral como ao conxunto dos profesionais sanitarios porque “podemos facer máis entre todos” e “necesitamos concienciar”.

Protestas

Respecto ás concentracións ante os hospitais galegos convocadas para o xoves pola plataforma SOS Sanidade Pública polo “moi importante empeoramento das listas de espera”, Caamaño recoñeceu que hai un incremento dos tempos, pero atribuíuno á folga convocada polos sindicatos médicos.

 “Tamén me gustaría que se manifestasen en contra do Ministerio de Sanidade, que é o responsable do aumento das listas de espera. Levamos xa máis de 250.000 actos asistenciais suspendidos por culpa desta folga”, asegurou.

 Con todo, aseverou que Galicia “conta cunha das mellores sanidades públicas do mundo” e que “os tempos de espera para as intervencións, probas e consultas con especialista son inferiores á media do Estado”.

Reestruturación

Ademais, Gómez Caamaño explicou que o cambio na xerencia do Sergas débese á petición do propio José Ramón Parada de cesar no posto, no que será substituído polo oncólogo Luis Ángel León Mateos.

 O conselleiro detallou que aproveitaron a reestruturación do Sergas para facer efectivo o cambio.

 Puxo en valor o traballo de Parada e expresou o seu respecto á decisión, posto que o cargo é “moi esixente”. 

Así mesmo, reivindicou o perfil do novo xerente, “un gran profesional cunha traxectoria avalada” que supoñerá un “revulsivo” para a actividade da Consellería, sinalou. 

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620