Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Galicia

O tecor Ortegal consolídase como referente do rastro sobre xabaril salvaxe coa celebración da XVI Copa Federación

A Proba de Ceiba Terras do Ortegal reuniu participantes de Galicia, Asturias, Cantabria e País Vasco nunha das citas máis destacadas do calendario cinexético nacional

Tecor Ortegal, campeón de la XVI Copa Federación
Tecor Ortegal, campeón de la prueba
Cedida
banner-620x50
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
liceo620
MCDONALDS 620X50

Os tecores de Ortegal, Eixil e Mañón acolleron este sábado a celebración da XVI Copa Federación de Cans de Rastro sobre Xabaril Salvaxe “Xunta de Galicia” – Proba de Ceiba Terras do Ortegal, unha competición que continúa consolidándose como unha das referencias máis importantes desta modalidade no norte peninsular.

A cita contou coa participación de 23 lotes, ampliando nesta edición o número habitual de participantes debido á elevada demanda e ao crecente interese arredor da proba. Ata as Terras do Ortegal desprazáronse afeccionados e xaurías procedentes de Galicia, Asturias, Cantabria e País Vasco, convertendo a comarca nun auténtico punto de encontro para os apaixonados dos cans de rastro.

Cada lote participante estivo formado por seis cans de distintas razas especializadas no seguimento do xabaril salvaxe, entre elas azul de Gascuña, sabuxos, porcelana, gascóns, grifóns, plotts e exemplares mestizos, todos eles preparados para afrontar unha competición de gran esixencia técnica e física.

Durante a xornada, os xuíces avaliaron diferentes aspectos fundamentais do traballo das xaurías sobre o monte, seguindo as táboas de puntuación recollidas no regulamento oficial da modalidade. Entre os criterios valorados destacaron a busca e rastrexo, o levante, o desencame, o seguimento do lote, a persistencia, o traballo en grupo, a voz da xauría, a obediencia e o comportamento dos cans sobre o terreo.

Dende a organización destacouse o enorme esforzo humano que existe detrás dunha proba destas características. “Detrás desta competición hai moitísimo traballo e a colaboración totalmente desinteresada de 23 xuíces e 72 guías que fan posible que todo poida desenvolverse correctamente. Sen eles sería imposible organizar un evento deste nivel”, sinalaron os responsables da organización.

Os organizadores tamén agradeceron especialmente a colaboración dos presidentes dos tecores de Ortegal, Eixil e Mañón pola súa implicación e por facilitar o uso dos terreos para o desenvolvemento da competición.

A organización recoñeceu ademais a dificultade que supón xulgar unha proba destas características, xa que cada xuíz debe avaliar un lote distinto sobre o monte seguindo criterios técnicos moi precisos.

“Sabemos perfectamente que o labor dos xuíces non é nada sinxelo. Cada un observa exclusivamente o traballo do seu lote e sempre pode existir outro equipo realizando tamén unha gran actuación noutra zona do monte. Por iso valoramos enormemente o compromiso e o esforzo de todos eles”.

Os responsables da proba puxeron tamén en valor o enorme traballo que existe detrás de cada unha das xaurías participantes.

“Detrás dos 23 lotes hai horas e horas de adestramento, sacrificio e dedicación durante todo o ano. A relación entre os guías e os seus cans é fundamental e, cando unha xauría realiza un gran traballo sobre o monte, detrás dese resultado hai anos de esforzo e paixón polos cans de rastro”.

A xornada desenvolveuse nun ambiente de grande compañeirismo entre participantes chegados de diferentes comunidades autónomas, algo que, segundo a organización, representa unha das maiores fortalezas desta competición.

“Despois de dezaseis edicións xa non falamos só dunha proba deportiva. Aquí créanse amizades, reencontros e tamén emoción ao recordar persoas que estiveron moi ligadas a esta competición e que, por desgraza, xa non están con nós”.

CLASIFICACIÓN FINAL

  • 1º Clasificado: Pablo Vázquez Candal – 971 puntos Xauría formada por: Pirlo, Tana, Robin, Yerry, Vara e Racing. 

  • 2º Clasificado: Alfredo Vázquez Bugallo – 941 puntos Xauría formada por: Xon, Pinto, Lucki, Chato, Cain e Paquita. 

  • 3º Clasificado: Pablo Quevedo Belmonte – 894 puntos Xauría formada por: Chata, Chaparra, Cañete, Piluca, Pinto e Chispa. 

  • 4º Clasificado: Adrián Gómez Ramos – 891 puntos Xauría formada por: Poker, Unai, Uriel, Nounovas, Valiente e Piraña. 

  • 5º Clasificado: Andrés Alonso Villar – 887 puntos Xauría formada por: Yoshi, Sagra, Pilla, Lia, Nei e Minerva. 

  • 6º Clasificado: Juan Antonio Noguera Fernández – 855 puntos Xauría formada por: Curro, Pluto, Titi, Brasa, Pekas e Rei.

MELLOR CAN DA COMPETICIÓN

Pinto, propiedade de Alfredo Vázquez Bugallo, acadou unha puntuación de 177 puntos, converténdose no exemplar máis destacado da XVI Copa Federación. 

A organización quixo agradecer expresamente a colaboración das casas comerciais Merluza Costa do Norte, Piensos Arion, Piensos Canun, Agrotectres, Armería Galega e Armería Ventos e Rastros, así como o apoio institucional dos concellos de Cedeira, Cariño, Cerdido e Ortigueira. 

Coa celebración desta décimo sexta edición, a Proba de Ceiba Terras do Ortegal reafirma o seu prestixio dentro do calendario nacional dos cans de rastro sobre xabaril salvaxe, consolidando as Terras do Ortegal como un dos grandes referentes desta modalidade deportiva e cinexética no norte de España.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620