Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Galicia

Os bonos ‘Activa Comercio’ pódense descargar desde este mércores 27 de maio ás nove da mañá

26/05/2026 22:31
Dúas persoas cargan bolsas tras realizar varias compras
Dúas persoas cargan bolsas tras realizar varias compras
Eduardo Parra (Ep)
banner-620x50
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
liceo620
MCDONALDS 620X50

Os bonos ‘Activa Comercio’ da Xunta estarán dispoñibles na web ‘www.bonosactivacomercio.gal’ para a súa descarga desde este mércores ás 09.00 horas, ata que o importe dos descontos efectivamente realizados en compras alcance os 2,5 millóns de euros.

 Así o ratifica a orde que publicou onte o Diario Oficial de Galicia. Os bonos, segundo define o Executivo autonómico, están pensados para fomentar o consumo no momento da compra, favorecendo a dinamización inmediata do comercio local.

 Terán formato dixital QR e estarán dispoñibles para a súa utilización nunha aplicación móbil. Os descontos poderán ascender a un máximo de 30 euros –15 de máximo por unha soa compra–. En concreto, o importe irase reducindo en función do valor da compra.

 Así, ás compras iguais ou superiores a 20 euros e inferiores a 30 euros corresponderalles un desconto de cinco euros, mentres que nas compras iguais ou superiores a 30 euros e inferiores a 50 euros o desconto será de dez euros. 

A partir desta contía, o desconto alcanzará os 15 euros. Como en anteriores ocasións, cada persona poderá descargar un único bono nesta primeira edición.

 Non hai límite de usuarios pero, unha vez esgotado o crédito de 2,5 millóns, os bonos descargados non se poderán utilizar, mesmo aínda que non se consumiran na súa totalidade. Ademais, co fin de incrementar as vendas, establécese a incompatibilidade dos bonos ‘Activa Comercio’ con calquera outra axuda destinada á mesma actuación subvencionable dentro de una mesma compra.

 Como elemento de dinamización da campaña deste ano, habilítase un sorteo a través das contas oficiais da Xunta en TikTok e Instagram dirixido aos usuarios dos bonos que realicen compras para dar visibilidade ao comercio local.

 O sorteo consistirá na adxudicación de catro bonos adicionais por importe de 250 euros cada un, en formato dixital mediante código QR, que poderán utilizarse nos establecementos adheridos cun prazo de validez dunha semana. 

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620