Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Galicia

Un terzo da poboación galega terá 65 ou máis anos en 2039, un dato superior ao 26,9% que representaban en 2025

A autonomía sitúase así por riba da media estatal no informe do Instituto Galego de Estatística

Dúas persoas maiores danse a man
Dúas persoas maiores danse a man
Arquivo El Ideal Gallego
banner-620x50
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
liceo620
MCDONALDS 620X50

Un terzo da poboación galega (o 33,1%) terá 65 ou máis anos en 2039, unha subida respecto ao 26,9% que representaban en 2025 e por encima da media estatal.

 O informe divulgado este venres polo Instituto Galego de Estatística (IGE) recolle que en España a porcentaxe actual de poboación de 65 anos ou máis é do 20,7% e prevese que para 2039 alcance o 26,5%.

 Por provincias, Ourense ten a poboación máis envellecida, co 32,3% dos habitantes con 65 anos ou máis na actualidade e unha estimación do 37% para 2039.Detrás quedan Lugo (30,3% en 2025, 35,8% en 2039), A Coruña (26,3% en 2025, 32,2% en 2039) e Pontevedra (24,7% en 2025, 32% en 2039).

 O índice de envellecemento, que relaciona a poboación de 65 ou máis anos respecto a cada 100 menores de 20, tamén rexistra peores datos para Galicia. A nivel estatal este indicador foi de 112,7 en 2025, e en Galicia situouse en 176,7.

 Para 2039, espérase que en Galicia haxa máis de 260 persoas de 65 ou máis anos por cada 100 menores de 20, en España situarase ao redor de 174.

 A maioría dos galegos con 65 anos ou máis (o 60,4%) viven en fogares onde todas as persoas son dese grupo de idade, con diferenzas entre provincias: en Ourense chegou ao 65%, mentres que en Pontevedra foi do 57%.

O 49% dos case 281.000 fogares deste tipo son unipersoais, o 45,8% son parellas sen fillos e o 5,2% restante doutra composición. O 57,2% eran persoas casadas (61% en España) e o 29,6% eran viúvos (25% en España).

 O 1,3% non tiñan estudos, por baixo do dato de español (2,6%). As porcentaxes de Galicia están por encima en estudos primarios (42% fronte ao 40,5% de España) ou secundarios de primeira etapa (33,1% fronte ao 24,3%). 

A tendencia cambia nos niveis superiores: só o 9,6% dos galegos con 65 anos ou máis teñen secundaria de segunda etapa (a media española é do 13,9%) e o 13,9% cursou educación superior (18,7% en España).

 No ámbito da saúde, en 2024 as principais causas de defunción deste grupo en Galicia foron as enfermidades circulatorias (28,5%), os tumores (23%) e as enfermidades respiratorias (12,8%).

 Os tumores foron a principal causa de morte nos homes e as enfermidades do sistema circulatorio nas mulleres.

 En canto ao terreo laboral 2,5% da poboación activa de Galicia tiña 65 anos ou máis en 2025 (1,8% en España) A pensión media anual aumentou de 19.590 euros en 2023 a 20.564 euros en 2024, e nos maiores de 76 anos pasou de 15.444 euros a 16.424, ambas as por baixo da media española. 

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620