Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Galicia

Rueda anuncia a incorporación de 18 novos inspectores sanitarios para mellorar a xestión das baixas

Alfonso Rueda, este martes durante el Pleno de la Cámara gallega
Alfonso Rueda, durante el Pleno de la Cámara gallega
Lavandeira Jr (Efe)
banner-620x50
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
liceo620
MCDONALDS 620X50

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou este luns que a Administración autonómica reforzará os equipos de Inspección de Servizos Sanitarios coa incorporación de 18 novos profesionais para tratar de mellorar a xestión das baixas.

En concreto, trátase de nove inspectores e nove subinspectores, médicos e enfermeiros, que se sumarán aos equipos de inspección das sete áreas sanitarias que dedican unha parte do seu traballo a esta cuestión.

Tal e como detallou en rolda de prensa este luns, esta contratación suporá un investimento dun tres millóns de euros durante a súa vixencia, é dicir, tres anos.

Ademais, neste acordo que modifica as instrucións da Consellería de Sanidade polas que se establece o protocolo común para a xestión clínica e o seguimento das baixas laborais, Rueda explicou que as propostas de alta médica que as mutuas deben dirixir ás unidades de Inspección deberán acordarse sempre que estean debidamente motivadas e completadas.

En todo caso, defendeu que a última palabra "seguirá sendo da sanidade pública" a través de inspección. Así, destacou a Xunta, se a proposta fose insuficiente, o persoal inspector deberá convocar á persoa interesada a un recoñecemento médico presencial antes de ditar unha resolución motivada sobre se procede ou non o alta.

Única autorización

Doutra banda, a instrución modifica a solicitude de autorización de probas diagnósticas e procedementos terapéuticos realizados polas mutuas e que deben contar co visto e prace da Inspección de Servizos Sanitarios.

A partir de agora, establécese un sistema de autorización única para que as mutuas non teñan que tramitar unha solicitude individual por cada actuación. Deste xeito, unha soa autorización habilitará todas as probas e procedementos terapéuticos necesarios.

"Para conseguir que o proceso sexa máis resolutivo, as mutuas xa non terán que solicitar unha autorización para cada proba que realicen, bastará unha única solicitude por traballador para levar a cabo as probas que sexan necesarias", resumiu Rueda ante os medios de comunicación.

O obxectivo, insistiu o presidente da Xunta, é actuar ante o que considera agora mesmo "un problema constatado por moitos colectivos empresariais".

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620