Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Galicia

Rueda reitera a necesidade dun Pacto pola Lingua "realista e consensuado" e de blindala como "asunto de país"

Pleno da RAG polo Día das Letras Galegas dedicado a Begoña Caamaño
Alfonso Rueda, canda Henrique Monteagudo, no Pleno da RAG polo Día das Letras Galegas dedicado a Begoña Caamaño
MONCHO FUENTES
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
liceo620
MCDONALDS 620X50

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, reiterou este domingo, Día das Letras Galegas, a necesidade de acordar un Pacto pola Lingua "realista e consensuado" e de blindar á mesma como "asunto de país".

Nun acto celebrado no Salón Teatro con motivo da efeméride, Rueda celebrou á homenaxeada nesta edición, Begoña Caamaño, unha muller "intensamente comprometida cos valores que defendía, como a promoción da lingua e cultura galega e o feminismo".

Con respecto a este último, o mandatario galego sinalou que a pesar dos avances nos últimos anos, "aínda quedan moitísimos desequilibrios por corrixir". O primeiro, apuntou, nas figuras homenaxeadas nestes 62 anos, xa que das 62 edicións do Día das Letras Galegas, só houbo oito mulleres homenaxeadas.

Na súa intervención, Rueda reivindicou unha Galicia "plural" após "45 anos de autonomía e catro décadas e media de crecemento en democracia e capacidade de autogoberno", subliñando que ese autogoberno "debe ser sempre útil para responder as necesidades da xente e tamén para recuperar e pór en valor a nosa cultura e a nosa lingua".

Así mesmo, defendeu que "o Goberno galego, leste e calquera outro, ten que apoiar sempre a lingua, pero desde a liberdade", e engadiu que "hai que convencer; xamais impor".

En materia educativa, o líder autonómico incidiu na importancia de que "a mocidade termine os seus estudos con plena competencia lingüística", aínda que remarcou que "aínda máis importante é que esa competencia vaia acompañada do agarimo polo galego".

Ademais, lembrou unhas palabras do recentemente falecido profesor Xesús Alonso Montero: "O galego é de todos. Non pertence nin ao grupo A nin ao grupo B; é o idioma de Galicia". A partir desa reflexión, o presidente da Xunta salientou que a lingua galega "debe percibirse sen apriorismos, sen bandeiras e sen barreiras".

Alfonso Rueda apelou a converter o galego nunha "política de Estado", ao considerar que se trata de "un asunto de país no que todos deben avanzar na mesma dirección". Para iso, reiterou a disposición da Xunta "ao diálogo e a tender a man" para alcanzar "un Pacto pola Lingua realista e consensuado", deixando claro que "todo é negociable salvo o gran obxectivo común: garantir a pervivencia e o crecemento do galego".

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620