Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Galicia

Álvaro Cunqueiro e Begoña Caamaño en Esmelle

Álvaro Cunqueiro
 
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
liceo620
MCDONALDS 620X50

Como narradora Begoña Caamaño significouse no cultivo da novela de reescrita mítica, nun regreso ao histórico-lendario das grandes tradicións literarias occidentais que está na base tanto da súa primeira achega, Circe ou o pracer do azul (2009), como da súa derradeira obra, Morgana en Esmelle (2012). 

Pois ben, neste último caso cómpre sinalar que o xogo intertextual da novela se establece cun referente clásico da nosa literatura: o Merlín e familia (1955) de Álvaro Cunqueiro. Abonda con considerar o título do libro de Caamaño para alcanzar a ver a importancia que a lectura do mito artúrico feita polo mindoniense ten para a (re)creación ficcionada da viguesa, pois o libro desta principia, xustamente, co relato ‘Das memorias de Felipe de Amancia. Unha lembranza de Esmelle’.

Como era e cando comezou a existir a selva de Esmelle das novelas de Cunqueiro e Caamaño?

Con tal motivo, procede que se lembre aquí como nace a célebre Selva de Esmelle cunqueiriana, que logo volveu vertebrar espacialmente tamén a escrita de Caamaño.

Este topónimo literario ten unha correspondencia real, pois existe un lugar e unha parroquia que levan tal nome. Estou a referirme a San Xoán de Esmelle, no concello de Ferrol, unha poboación de pouco máis de trescentos habitantes e moi fermosa xeografía que se estende ao logo do Val de Esmelle para rematar deitado á beira do Océano Atlántico, nun fermoso areal moi visitado durante o estío.

A orixe

Ese espazo empírico seguramente estivo no maxín de Cunqueiro cando ideou a súa “antiga e longa selva de Esmelle”, na que rememora as súas vivencias xunto ao mago Merlín o seu paxe Felipe de Amancia. Outra cousa é cal foi o referente literario desta silva fabulada, pois aí só a imaxinación soberana do escritor proporciona as claves para a situar, neste caso nun espazo mindoniense, a escasos metros da Casa Museo Álvaro Cunqueiro, un territorio que os daquela cidade coñecemos como Bosque de Silva e que non é senón unha lomba para a que olla o señor Cunqueiro dende a súa broncínea estatua ao pé da Catedral.

Mais, como era e cando comezou a existir a selva de Esmelle das novelas de Cunqueiro e Caamaño? O mindoniense deixou nas páxinas do seu xornalismo literario a resposta a tales interrogantes. A primeira vez que Cunqueiro literaturizou sobre Esmelle foi no artigo “Redescubrimiento del Atlántico” (El Pueblo Gallego, 23-11-1946), onde este espazo aparece como unha lendaria cidade mergullada:

A primeira vez que literaturizou sobre Esmellle foi nun artigo publicado en novembro de 1946

“Non quixera ter que crer un día que non exista a illa submarina de San Brandán, que non existiu a Atlántida cos seus outeiros verdes e os seus ríos esmeralda e que xa non hai rastro dos palacios mergullados de Esmelle, a cidade das sereas, ‘pola que pasa o río Roma cos seus tesouros’. Un cabaleiro húngaro de tanto respecto como o dapifer Lorinho de Paseto, que baixo o pazo de San Patricio veu Esmelle con seus hortos, palmeirais e xardíns”.

Uns anos máis tarde Cunqueiro volveu a Esmelle para situalo xa no contexto merliniano que logo o fixo famoso. Foi no artigo “El sueño de la noche de San Juan” (Faro de Vigo, 25-6-1952), onde está preconfigurado o personaxe do coñecido mago e tamén o do seu paxe, aínda sen nome:

“Aconteceu que estando eu co señor Merlín, nas estancias de Esmelle, de aprendiz das súas maxias, tan aprendiz que nin aínda as ordes menores da arte podía dar por recibidas, chamoume o mestre ao cuarto que dá á solaina”.

pagina prueba2
 

Este proto-Esmelle tivo aínda unha terceira entrega anterior ao célebre libro. Foi no artigo “Las estancias de Esmelle” (La Voz de Galicia, 17-1-1954 e Faro de Vigo, 24-10-1962), onde aparece tamén outro topónimo real e ferrolterrán, Naraío e a súa impoñente torre:

“Para a fantasía das miñas historias, houbo un tempo en que adoitaba imaxinar unha selva, a antiga e lonxincua selva de Esmelle, e na selva un palacio ou un castelo, ao que chamaba Narahío. Ambos os dous nomes están na toponimia galaica”.

Velaquí as raíces do mítico Esmelle, un espazo literario que Begoña Caamaño herdou de Álvaro Cunqueiro e que, mercé a ambos, agora é unha inmorredoira matria imaxinaria.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620