Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Galicia

Galicia rexistrou máis de cen mil doazóns de sangue en 2025

Case a metade dos doantes galegos son da provincia da Coruña 

As doazóns fanse maiormente a través das unidades móbiles
Archivo El Ideal Gallego
banner-620x50
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
liceo620
MCDONALDS 620X50

Galicia rexistrou un total de 105.337 de doazóns de sangue ou aférese, o que supón unha cifra moi similar á do ano pasado (105.378), con apenas unha variación de 40. Estas responden os xestos de 73.317 persoas, das cales 9.275 fixérono por primeira vez e o 35 %, máis dunha -na súa maioría, entre dúas e tres veces-.

Estes datos se deprenden do balance anual da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), cuxa directora, Marisa López, e o conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, presentaron este xoves en rolda de prensa. Este segundo mesmo chanceou con se o dato dos doantes repetidores incluíanlle para facer ver que tamén participou da campaña.

"A actividade de doazón de sangue confirma a xenerosidade e implicación da sociedade galega", manifestou o responsable autonómico, que sacou peito de que a taxa galega estivo nos últimos anos "tres puntos por encima da estatal". Tanto en 2024 e 2025 foi de 39 doazóns por cada 1.000 habitantes.

Esta taxa é desigual entre provincias, coa Coruña (44 / 1.000) á cabeza. Tamén lidera en número absoluto de doazóns, rozando as 50.000, o que supón case a metade do total galego e cunha destacable diferenza respecto de Lugo e a Ourense, onde houbo 8.000 en cada unha.

Precisamente na Coruña atópase o municipio galego coa taxa máis alta: Padrón, que repite neste posto con 92 doazóns por cada 1.000 habitantes. Entre as grandes cidades, Santiago de Compostela é o número 1 no ranking (85 / 1.000), unha cifra onde a participación da comunidade universitaria "ten un peso moi importante", en palabras de López.

A Santiago séguenlle Pontevedra (53 / 1.000) e Ferrol (51 / 1.000). Con todo, se atendemos ás cifras absolutas, o ranking está encabezado polas cidades máis poboadas: Vigo, que rexistrou 12.257 doazóns, e A Coruña, con 9.995.

Perfil do doante

En canto ao perfil do doante, a maioría teñen entre 43 e 52 anos  e entre 53 e 70. Os grupos que menos doan seguen sendo os máis novos. A directora de ADOS, consciente desta situación, aduciu que isto se explica por unha pirámide de poboación "envellecida" e manifestou que é necesario "un esforzo" para implicar á xente nova nas campañas.

As doazóns fanse maiormente a través das unidades móbiles, que recolleron o 86,3% das realizadas o pasado ano. A maioría de doantes son do grupo A+ e O+.

"Todo isto axúdanos a cubrir as necesidades de sangue diario dos nosos hospitais, xa que necesitamos entre 400 e 500 doazóns de sangue diarias", apuntou Gómez Caamaño. A directora de ADOS explicou que as doazóns realizadas están "preto da media" e, en consecuencia, responden "de forma adecuada" a estas necesidades.

Iso si, identificou "dous puntos críticos" durante o ano, localizados no verán e o Nadal, para o que procuran manter unha "comunicación fluída" coa cidadanía a través de diferentes canles.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620