Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Galicia

Candia devolve a Alcaldía de Lugo ao PP despois de 27 anos

A anterior portavoz local saca adiante a moción de censura grazas ao apoio da exconcelleira do PSOE María Reigosa

A nova alcaldesa de Lugo, Elena Candia, este xoves co bastón de mando da cidade
A nova alcaldesa de Lugo, Elena Candia, este xoves co bastón de mando da cidade
Pedro Eliseo Agrelo Trigo (Efe)
banner-620x50
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
liceo620
MCDONALDS 620X50

A até agora portavoz local do PP, tamén líder do partido na provincia, Elena Candia, converteuse este xoves na cuarta dirixente en ter o bastón de mando en Lugo neste mandato tras prosperar a moción de censura impulsada co apoio de María Reigosa, unha concelleira tránsfuga que deixou o PSOE e pasou a ser non adscrita.

 A manobra que devolveu ao PP o poder en Lugo despois de 27 anos saíu adiante nun Pleno que, a pesar de estar marcado pola tensión, seguiu o guión previsto na forma e no fondo: con chamamento nominal, sumáronse os 13 votos favorables (os dos populares e Reigosa), fronte aos doce socialistas e nacionalistas que dixeron “non”.

 Fóra, ante un enorme despregamento policial, centos de persoas clamaban contra a moción.

 Fronte aos berros e asubíos, numerosos alcaldes e outros dirixentes populares chegados de toda Galicia para apoiar a Candia, coa secretaria xeral do partido, Paula Prado, á fronte, defendían á nova rexedora e reivindicaban entrar ao Pleno (non en balde, levaban varias horas facendo cola para iso).

A oposición avisa de que a cidade “non esquece” e a nova rexedora promete traballar “para todos e sen rancor”

Finalmente, non houbo convidados dentro do salón de plenos, máis aló de policías locais e numerosos xornalistas de Lugo e foráneos convocados a cubrir a primeira moción de censura da historia democrática lucense, décimo cuarta do mandato e a primeira no que vai de século nunha cidade galega.

 Superado o debate, no que socialistas e nacionalistas, cos até onte alcalde, Miguel Fernández, e tenente de alcalde, Rubén Arroxo, á fronte, non escatimaron en descualificativos ao PP e lanzaron o aviso de que “Lugo non esquece”, Candia tomou posesión do baston de mando municipal –optou por xurar o seu cargo–.

 Os representantes municipais de PSOE e BNG abandonaran o Pleno tras prosperar a moción de censura.Reigosa mudouse de lado e ocupou un asento á beira dos edís populares e, tras o discurso de investidura de Candia, a edil tránsfuga protagonizou un dos abrazos máis intensos coa xa alcaldesa.

“Nunca trapicheei”

Tras días de acusacións, reiteradas onte, de “comprar” o poder, Candia aproveitou o seu discurso de investidura para tratar de justificar a iniciativa que impulsou apoiada por unha edil tránsfuga exsocialista.

 “Nunca trapicheei”, proclamou, antes de defender que “outro Lugo é posible” e de reivindicar que tratará de convencer “con feitos” a quen lle apoian e aos que non o fan. Se na súa intervención previa, aínda como candidata, acusara ao bipartito de PSOE e BNG de malgastar e citar asuntos como o trato aos traballadores ou a “incapacidade” de sacar adiante “proxectos estratéxicos para a cidade”, aproveitou o seu primeiro discurso como alcaldesa para repasar os distintos compromisos coa cidade que xa enumerara na xornada na que rexistrou a moción de censura.

 Agradecida a quen lle apoia (no seu partido e aos seus familiares –acompañábanlle no Consistorio, dixo, o seu pai e o seu padriño–), Candia afeou a actitude dos seus rivais políticos e rememorou que ela mesma tamén sufriu anos atrás unha moción de censura na Deputación e “a actitude foi totalmente distinta”; e insistiu nunha idea: a “razón fundamental” pola que está na conxuntura actual é por gañar “claramente as eleccións de 2023”.

 “Pero sobre todo, despois de moito traballo, moito equipo e moito proxecto. Chego cunha profunda convicción de que outro Lugo é posible, de que Lugo merece máis.

 E sobre todo, de non deixar nunca de tentalo”, esgrimiu, antes de reivindicar os ensinos recibidos da súa familia, “moi humilde, pero profundamente honesta”. “Nunca trapicheei, nin trapicheo, nin trapichearei”, defendeu durante a súa intervención.

Á beira da xente

“Isto vai de Lugo, desa cidade e das súas xentes que me acolleron”, rememorou a tamén excalcaldesa de Mondoñedo.

 “Porque Lugo é unha cidade que nunca pregunta onde naciches. É profundamente acolledora. Que me falou, que me ensinou. E que estando ao seu lado deume forza para liderar o que hoxe empeza. A miña forma de traballar estando á beira da xente, con humildade, con proximidade, con empatía. E gobernando para todos”, garantiu.

 Non en balde, reivindicou que Lugo necesita “a todos” e proponse articular un goberno “sen rancor” –xa defendera que a súa intención era asumir a Alcaldía sen “revanchismos”–.

 “Non son rencorosa; pensamos en positivo, tendemos a man como fixemos sempre coa oposición”, proclamou, nun discurso en que se reivindicou como unha municipalista e unha constitucionalista “convencida”. 

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620