Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Galicia

A Xunta contribúe con más de 300.000 euros á organización de unha decena de festivais do sector audiovisual

(S8) e Intersección da Coruña están entre os certames subvencionados en 2026

A Xunta apoia unha decena de festivais audiovisuais
A Xunta apoia unha decena de festivais audiovisuais
Andrea-Rodriguez
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
liceo620

O Play-Doc de Tui, (S8) e Intersección da Coruña, Curtocircuíto e MICE de Santiago de Compostela, FICBUEU, Festival de Cans no Porriño, Novos Cinemas de Pontevedra, Curtas Festival do Imaxinario de Vilagarcía de Arousa, Carballo Interplay e Galician Freaky Film Festival de Vigo son os certames subvencionados en 2026.

A consellería de Cultura, Lingua e Xuventude publicou a concesión das subvencións da Xunta de Galicia a festivais audiovisuais, a través das que inviste 310.000 euros na organización das novas edicións de 11 certames estratéxicos para o sector. 

Cun orzamento ascendente desde a súa creación en 2014 e que se incrementou nun 3,3% neste 2026, o obxectivo destas axudas é favorecer a consolidación do circuíto galego de citas de carácter profesional neste ámbito, que destaca pola gran variedade na súa especialización en xéneros e formatos. 

O calendario anual de festivais cinematográficos achégalle ao público títulos internacionais, ao tempo que serve de plataforma de lanzamento para a produción galega máis recente.

A listaxe das mostras subvencionadas está encabezada, en canto ás contías recibidas, pola (S8) Mostra Internacional de Cinema Periférico da Coruña (46.871 euros) e o Play-Doc Festival Internacional de Documentais (44.043 euros), que precisamente se está a celebrar estes días en Tui. Seguen a continuación o Festival de Cans do Porriño (38.002 euros) e Intersección Festival de Arte Audiovisual Contemporánea da Coruña (37.931 euros).

Xestionadas en réxime de concorrencia competitiva, as axudas establecían entre os seus requisitos que os certames subvencionados contaran cunha duración mínima de catro xornadas con, cando menos, 20 proxeccións, así como con tres edicións consecutivas celebradas nos anos inmediatamente anteriores. Ademais, a proposta de programación debía conter un 5% de títulos ou cinco sesións de produción cinematográfica e/ou dirección galegas.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620