Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Galicia

A Xunta achegará 350.000 euros para apoiar o galego nas entidades locais

Buzón de suxestións no concello de Ferrol
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
liceo620

A Xunta de Galicia apoiará a promoción do galego nas entidades locais a través da nova liña de subvencións, publicada no Diario Oficial de Galicia, e dotada con 350.000 euros. Así se recolle nas bases, nas que se precisa que o obxectivo desta medida é impulsar e fomentar os servizos lingüísticos tanto en concellos como en agrupacións.

Deste xeito, a convocatoria, cuxo prazo de solicitudes estará aberto ata o 7 de maio, está dirixida a fomentar a prestación dun servizo lingüístico, ben mediante a súa creación ou a través do reforzamento dun xa existente. Así, a iniciativa responde ao compromiso do Goberno autonómico co apoio ás entidades locais no labor de normalización lingüística, en liña coas medidas incluídas no Pacto pola Lingua. 

Para iso, a través desta liña, a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude colaborará con axudas económicas á posta en marcha e mellora dos servizos neste eido, tendo en conta que a administración local constitúe unha vía de dinamización da lingua prioritaria pola súa proximidade e o contacto máis directo coa cidadanía.

Ás axudas poden concorrer as propostas encamiñadas á creación e posta e marcha dun servizo lingüístico, habilitando deste xeito un departamento técnico inserido na entidade local co fin de planificar, xestionar, executar e avaliar medidas, accións e actividades dinamizadoras co obxectivo de incrementar o uso da lingua galega en todos os seus ámbitos de actuación, tanto a nivel interno como externo. 

A achega tamén será aplicable cando se trate de manter un servizo xa existente no concello dándolle continuidade ás súas iniciativas ou reforzándoo de maneira que se poida atender a necesidades como a incorporación de máis persoal técnico.

No que ten que ver cos proxectos obxecto da subvención da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, deben ser aqueles que impliquen a realización de accións e campañas de dinamización lingüística ben en formato material, como pode ser libros, audiolibros, xogos, ou representacións artísticas, ou ben no eido dixital como as propostas baseadas en soportes electrónicos, na web ou nas redes sociais.

Cómpre lembrar que na convocatoria do pasado ano esta liña de axudas chegou a 87 concellos.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620