Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Galicia

Rueda amplía o seu plan en vivenda: o 30% da pública en venda reservarase a persoas de entre 36 e 45 anos

El presidente de la Xunta, Alfonso Rueda, durante su discurso este miércoles en el Parlamento gallego, que celebra su debate anual de política general, conocido como debate sobre el estado de la autonomía, el tercero de Rueda, quien hace balance de su gestión en este ecuador de la legislatura y anuncia nuevas propuestas, hoy en Santiago de Compostela. EFE/Lavandeira jr
El presidente de la Xunta, Alfonso Rueda, durante su discurso este miércoles en el Parlamento gallego
EFE
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
LICEO-620X50

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, ratificou que quere que as políticas de vivenda sexan un eixo "fundamental" do mandato. Con esta meta, anunciou a ampliación do plan de medidas activado neste ámbito, con especial foco nos mozos, e unha nova rebaixa fiscal: a partir do ano que vén, Galicia bonificará o 100% do imposto de actos xurídicos documentados para vivendas protexidas.

Avanzouno no seu discurso do debate de política xeral que esta semana alberga o Parlamento de Galicia, no que proclamou a súa intención de "prestixiar e dignificar" a vivenda protexida, antes de anunciar novas decisións orientadas a que "todas as vivendas que se están construíndo sexan máis accesibles para as persoas traballadoras".

Así, tras lembrar que en 2025 a Xunta incrementou o teito máximo de renda para acceder a unha vivenda pública, e que decidiu reservar para menores de 36 anos o 25% destes pisos en venda e o 40% dos que se ofrecen en aluguer, anticipou que se volverá a subir o límite máximo de renda até catro veces o Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples (IPREM).

A modo de exemplo, explicou que este paso se traducirá en que unha parella cun fillo, que até agora tiña un teito de ingresos de 2.250 euros brutos mensuais, agora pasa a máis de 3.500 euros.

Ademais, no caso das familias numerosas, o teito elevarase a 4,5 veces o IPREM, de forma que un fogar con dous proxenitores e tres fillos poderá acceder a unha vivenda protexida sempre que non supere os 4.150 euros brutos mensuais de ingresos.

Reserva de vivendas

A segunda decisión que avanzou Rueda é que se reservará o 30% das vivendas públicas en venda para persoas de entre 36 e 45 anos, especialmente cando son nais ou pais de nenos pequenos e que, por tanto, teñen menor mobilidade xeográfica que outras persoas máis novas.

"Facemos isto porque cremos que a vivenda pública e protexida debe estar ao alcance de cantas máis persoas mellor", manifestou o presidente da Xunta, quen reivindicou que "todas as novas vivendas comprometidas para esta lexislatura, o 100% están en marcha".

En poucos meses, tal e como apuntou, o Goberno galego entregará as primeiras chaves en Santiago e en Pontevedra. Antes, lembrara a "ambiciosa meta" que se marcou en 2024: duplicar en catro anos o número de vivendas públicas, de 4.000 a 8.000.

Nova bonificación

A vivenda tamén protagonizou as novidades no ámbito fiscal, tendo en conta que Rueda anunciou que, a partir do ano que vén, Galicia bonificará o 100% do imposto de actos xurídicos documentados para as vivendas protexidas.

Rueda explicou que se trata dun tributo que paga o promotor en varias fases e o comprador no momento da adquisición da obra nova.

Até agora, conforme detallou no seu discurso no debate de política xeral, por unha vivenda protexida de 100 metros de superficie pagábanse até 15.000 euros deste imposto. Agora pasarán a ser "cero" para, argumentou, favorecer a colaboración público-privada na construción de vivenda protexida.

"Baixamos impostos 138 veces"

O presidente galego acompañou este anuncio fiscal dunha reivindicación dout ra liña de actuación política que tamén prevé preservar neste mandato e remitiuse a todos os pasos dados desde que en 2009 o seu antecesor á fronte da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, recuperou o Goberno autonómico para o PPdeG.

"Desde 2009, a Xunta baixou impostos 138 veces. En menos de oito anos, o Goberno de Pedro Sánchez subiunos en 96 ocasións", contrapuxo, ademais de destacar que o seu Executivo pechou os dous exercicios desta lexislatura "sen déficit" e "reduciu a débeda".

A defensa desta "xestión responsable" foi, tras o recoñecemento ao papel dos empregados públicos, acompañou de novo unha crítica velada ao Goberno, igual que ao comezo da súa intervención destacou a "estabilidade institucional" de que este debate se celebre cando corresponde e que haxa orzamentos autonómicos anualmente.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina