Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Galicia

R comprométese ao máximo pola cobertura móbil ata o derradeiro recuncho de Galicia tamén de portas a dentro: “cachocobertura” e máis

O operador galego procura facilitar o acceso de toda a poboación de Galicia ás novas tecnoloxías e que ningunha persoa nin empresa da comunidade teña menos oportunidades

Edificio con publicidad de R en A Coruña
Archivo
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
LICEO-620X50

Posibilitar o acceso da poboación de Galicia ás novas tecnoloxías e rematar coa fenda dixital en todos os niveis foron, dende o principio da súa andaina, razóns de ser do operador galego R.

Na actualidade, ese empeño de R e de MasOrange en Galicia por mellorar o seu servizo de móbil día tras día, dotando de cobertura todos/as os/as habitantes do territorio e levando o 5G ata o derradeiro recuncho, concrétase estruturalmente no plan 5G UNICO rural_Redes Activas, con preto xa do 100% dos case que 250 municipios de menos de 10.000 habitantes do programa cubertos con tecnoloxía 5G.

Pero ademais, 2026 reforzou ese afán de R con outras solucións especificas para os problemas de cobertura móbil en interiores.

"Cachocobertura", de portas a dentro

O servizo cachocobertura R está pensado e deseñado para inmobles de fogares e negocios onde, malia o esforzo investidor prolongado durante décadas, o sinal móbil non pode penetrar axeitadamente por causas estruturais: muros moi grosos, sotos, locais interiores, edificacións antigas ou con materiais que atenúan o sinal e outras situadas en zonas con especial complexidade arquitectónica ou urbanística.

Tras un estudo inicial de MasOrange sobre problemas de cobertura móbil dos principais operadores detectáronse municipios onde existen inmobles con cobertura peor que a media en localizacións moi específicas de, por exemplo, Santiago de Compostela, A Coruña, Ourense ou Pontevedra e doutras localidades como Boiro, Oroso, Vigo, Poio, Santa Comba, Oleiros, Tomiño, Ponteareas, Outes, Carballo ou Ferrol.

Xustamente neses ambientes unha solución especifica como cachocobertura R pode marcar a diferenza. Porque facilita cobertura móbil real en calquera inmoble grazas a un repetidor móbil propio autoinstalable dentro da vivenda ou empresa (‘femtocelda’) para brindar unha experiencia óptima alí onde a rede móbil non chega, mesmo nos casos de peor sinal e con máis dificultades de cobertura.

Así, o compromiso mantido de R coa cobertura móbil robustécese e amplíase para garantir tamén a mellor experiencia móbil en espazos interiores e asegurar que todos os fogares e negocios de Galicia dispoñan da súa propia solución, eficaz independentemente do lugar no que estean, tipo de construción ou configuración de rede. Deste xeito, R pretende evitar, por exemplo, que ninguén —nin dentro nin fóra da súa casa ou da súa empresa— perda chamada ningunha, que se corten as súas comunicacións ou que teña que asomarse perigosamente á xanela para poder falar.

Parellamente, o servizo VoWiFi de R pode tamén optimizar a cobertura mediante as opcións dispoñibles nos dispositivos do/da cliente/a. Con VoWiFi pódense facer chamadas de calidade onde non hai cobertura móbil abonda pero si rede wifi operativa. Esta solución funcional para a continuidade do servizo é de activación inmediata, rápida, universal e accesible; e non comporta custo nin equipamento adicional, aínda que é preciso xestionar a función VoWiFi no terminal e considerar que o nivel do servizo dependerá da calidade da rede wifi existente.

Case que 250 pequenos concellos galegos con 5G (Plan UNICO 5G rural)

MasOrange, grupo ao que R pertence, foi en Galicia -a través da súa marca Orange- a principal adxudicataria do programa de axudas UNICO 5G_Redes Activas do Ministerio para a Transformación Dixital cun total de 70M€ de investimento ata finais de 2026 (98% do orzamento asignado na comunidade), dos que 22,7M€ corresponden á Coruña, 20,5M€ a Lugo, 17,6M€ a Ourense e 9,6M€ a Pontevedra.

En breve completarase a cobertura con tecnoloxía de quinta xeración en todos os concellos de menos de 10.000 habitantes incluídos no programa. Así acontece xa, por exemplo, en Negueira de Muñiz (Lugo), o municipio menos poboado da comunidade, de 237 habitantes (INE 2025). E xunto a Negueira de Muñiz, 23 concellos dos 25 menos poboados do territorio, coma os ourensáns da Teixeira, de 347 habitantes; Larouco, de 443, e Pontedeva, de 467; ou Ribeira de Piquín, en Lugo, de 492. En total, ata preto de 250 concellos que este mesmo ano ficarán cubertos con tecnoloxía avanzada de quinta xeración.

A maiores do Plan UNICO 5G, R mantén abertas outras vías en Galicia para seguir chegando con tecnoloxía móbil a máis municipios afastados ou de moi difícil acceso da xeografía galega; en ocasións mesmo a lugares ou parroquias con menos dunha decena de habitantes. As persoas e empresas destes núcleos terán as mesmas facilidades que nas cidades para acceder á información, conectarse co mundo e educar en igualdade de condicións, ademais de quedar preparadas para necesidades tecnolóxicas futuras.

En suma, quer a través da infraestrutura da rede 5G máis avanzada, quer mediante un repetidor dedicado dentro do fogar ou coa opción do wifi, R persevera no seu compromiso de ofrecer unha alternativa de cobertura efectiva e preparada para o futuro en Galicia. Para posibilitar, como non o fai ningún outro operador nestes momentos, o acceso de todas as persoas ás novas tecnoloxías. Sen fendas dixitais e, como sempre en R, con sentidiño.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina