Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Galicia

O Parlamento solicita ao Goberno crear un rexistro de contas de falecidos

Os grupos que integran a Cámara autonómica votan de forma unánime a iniciativa proposta polo PPdeG

Unha persoa consulta os seus movementos bancarios nun caixeiro
Unha persoa consulta os seus movementos bancarios nun caixeiro
Arquivo El Ideal Gallego
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
liceo620

O Parlamento de Galicia aprobou de forma unánime, e por segunda vez, unha iniciativa do PPdeG para solicitar ao Goberno central que estude a creación dun rexistro centralizado no que consten as contas bancarias das persoas falecidas para “facilitar aos herdeiros” esta información.

 A proposta foi debatida onte no seo na Comisión primeira, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, onde o PPdeG contou co apoio do BNG e o PSdeG –o deputado de Democracia Ourensana non estivo presente na votación–.

 En 2022, ambas as formacións da oposición xa apoiaron unha iniciativa das mesmas características, aínda que os nacionalistas pensan que é “ambigua e abstracta” e propuxeron dirixir demandas máis amplas á Xunta. Este é un aspecto no que coinciden os socialistas, que cren que o Goberno galego “ten marxe” para actuar neste ámbito.

 A proposta dos populares, defendida pola deputada María Felisa Rodriguez como “sinxela e de sentido común”, consiste na creación dun certificado único que evite que os herdeiros “teñan que ir, banco a banco, buscando información”.

 “Cando falece un familiar ou unha persoa próxima, ademais do impacto emocional, as familias teñen que facer fronte a unha importante carga de trámites administrativos e burocráticos”, expuxo.

 Tamén mencionou outra circunstancia que se dá nalgunhas ocasións, nas que o herdeiro descoñece a que bancos dirixirse e, aínda que existe a posibilidade de realizar investigacións a través de organismos como a Axencia Tributaria, requiren “tramitacións complexas” ou documentación “difícil de obter nun primeiro momento”.

 Ademais de simplificar os trámites, o propósito deste mecanismo, a xuízo da popular, é que “os bens cheguen aos seus lexítimos herdeiros”.

 A deputada apoiouse tamén no respaldo co que contan de colectivos profesionais, como os colexios de avogados e economistas.

 “Non estamos ante unha iniciativa ideolóxica nin partidista. Estamos ante unha proposta de sentido común e que pode facilitar a vida das familias nun momento complicado”, resumiu.

“Ambigua” e “simplista”

O BNG presentou unha emenda, que foi rexeitada, que propoñía dirixir a parte resolutiva á Xunta e instalala a implementar os medios para a orientación e información sobre os trámites para realizar tras un falecemento e realizar actuacións para dar facilidades aoas sucesores.

 Iago Tabarés (BNG), que aínda que opinou que é unha proposta “benintencionada”, ve a iniciativa popular como “ambigua e abstracta” e afeou que, en tres anos, non perfeccionasen “o texto, sobre o que –nas súas palabras– unicamente “cambiaron os parágrafos”.

 “Soluciona pouco, o que fai é pedirlle ao Goberno, non ao Congreso, que estude posibilidades dun certificado e nin sequera precisa o contido do certificado; nin a lexitimación para solicitalo”, criticou.

 Pola súa banda, a socialista Paloma Castro tachou a proposta de “simplista”, xa que se trata dun “problema complexo” e de información “extremadamente sensible” e “sometida a diferentes normativas”.

 Por outra banda, a Comisión aprobou unha iniciativa, cos votos a favor do PPdeG, para instar á Xunta a lembrarlle aos concellos que dispoñan de plans de actuación fronte ao risco de incendios forestais. 

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620