Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Galicia

Rueda insiste en Bruxelas en que “non baixen” os fondos de cohesión da UE

O presidente galego defende que as comunidades participen na execución deste financiamento

Rueda, durante a súa intervención de este mércores na sesión plenaria do Comité das Rexións en Bruxelas
Rueda, durante a súa intervención de este mércores na sesión plenaria do Comité das Rexións en Bruxelas
Pablo Garrigós (Efe)
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
liceo620

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, insistiu este mércores en Bruxelas en que “non baixen” os fondos de cohesión europeos nun escenario marcado polo novo marco financeiro e tamén en que, fronte a tentativas de “recentralización”, as comunidades autónomas deben ter un papel activo e participar na súa execución.

 Así o trasladou aos xornalistas en declaracións realizadas despois da reunión que mantivo cos presidentes das delegacións nacionais e a presidenta do Comité Europeo das Rexións (CdR), Kata Tutto, e antes da súa intervención durante a tarde no Pleno deste órgano.

 “Seguimos traballando aquí en Bruxelas”, dixo Rueda, quen na pasada xornada (este pasado martes) mantivo un encontro co comisario europeo de Agricultura, Christophe Hansen, e este mércores incidíu na importancia de que non se reduzan os fondos de cohesión no novo marco financeiro plurianual europeo.

 “Volvín insistir en nome de todas as delegacións en algo que vexo fundamental e alégrome moito agora de escoitar ao vicepresidente do Partido Popular europeo coincidir coa posición de Galicia e coa de todas as comunidades españolas de que non poden rebaixarse as cantidades dos fondos de cohesión”, afirmou Rueda.

 “Entendemos que hai outras necesidades agora mesmo na UE, pero non pode ser á conta dos fondos de cohesión”, esgrimiu o mandatario, quen advertiu que, pola contra, estes recursos non poderían cumprir coa súa razón de ser.

 Tamén se reafirmou en que as comunidades non poden ser “simples espectadoras do que fagan os gobernos centrais con eses fondos”.

 “Temos que estar no seu deseño e na súa execución, é o que permite que se invistan ben, sexan realmente transformadores e favorezan a cohesión de Europa”, insistiu.

 “É o que pedirei que siga defendendo o Goberno de España, que forma parte do Consello Europeo”, recalcou Rueda, quen destacou que ata o de agora mantén “unha posición coincidente coas comunidades e tamén de Galicia”.

 “Agradecémolo e pediremos que a siga mantendo ata o final, ata que se decidan os fondos e cando haxa que executalos”, agregou o presidente galego.

 De feito, anticipou que o Executivo autonómico solicitará, cando finalice o período de Galicia como responsable da delegación española no Comité das Rexións, unha reunión da Comisión Mixta de Congreso e Senado para que a defensa común do mantemento dos fondos e da súa xestión descentralizada “siga quedando clara”, subliñou.

 O presidente da Xunta participou tamén duranteeste mércores nun debate no Comité Europeo das Rexións co obxectivo de abordar a reforma do modelo de financiamento.

 Rueda defendeu ante o comisario de Orzamento, Antifraude e Administración Pública, Piotr Serafin, a importancia de dotar de máis fondos ás axudas destinadas a dúas dos motores da economía galega: o campo e o mar.

 O presidente da Xunta lembrará que Galicia é a primeira rexión pesqueira da Unión Europea (UE) e reclamará un fondo específico e suficiente para facer fronte aos retos que se lle presentan ao sector.

 Do mesmo xeito, tal e como trasladou ao comisario de Agricultura e Gandería, demandará unha Política Agraria Común “forte, con fondos diferenciados, enfoque rexional e menos burocracia”. 

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620