Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Galicia

O Sergas prevé recuperar pronto polo menos o 60% das cirurxías suspendidas

Os médicos galegos de Primaria están chamados á folga mañá polo sindicato O’Mega, que avisa de que será indefinida

Varios profesionais sanitarios realizan unha cirurxía
Varios profesionais sanitarios realizan unha cirurxía
Arquivo El Ideal Gallego
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif

A primeira semana –das catro programadas– de folga nacional contra o Estatuto Marco promovido polo Goberno deixou en Galicia máis de 45.000 actos asistenciais suspendidos.

 A previsión que manexa a Consellería de Sanidade é que se recupere entre o 60 e o 95% das cirurxías suspendidas entre esta e a próxima semana, cando os médicos volverán á folga, esta vez convocada a nivel autonómico en Atención Primaria (AP) polo sindicato O’Mega.

 Así o confirmaba a Consellería de Sanidade, que instaba ao Ministerio a dialogar cos sindicatos para frear un paro que, pola contra, repetirase unha semana cada mes até o verán. Polo momento, en Galicia, entre o luns 16 e o venres 20 de febreiro, suspendéronse 1.039 cirurxías, 24.224 consultas hospitalarias, 17.631 consultas de AP e 2.737 probas diagnósticas, o que resulta en 45.631 procesos asistenciais cancelados.

 Respecto das medidas para paliar o impacto da folga, o conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, confirmaba a existencia dun plan de continxencia pero advertía do “complicado” que resulta, nun contexto de paro, recuperar o ritmo.

 “Son moi difíciles de recuperar, sobre todo tendo en conta o futuro. Se isto segue así, todos os meses vai haber unha semana de folga. É practicamente imposible manexar as listas de espera con este tipo de folga”, comentaba.

 Con todo, indican que a previsión é que entre o 60% e o 95% das cirurxías suspendidas póidanse reprogramar entre esta semana e a próxima.

Novo parón

Esa “recuperación” coincidirá coa folga a nivel autonómico. A convocada para mañá, 2 de marzo, polo sindicato O’Mega, que retoma así o paro indefinido que iniciaron en 2025 ante “a falta de resposta e de diálogo” por parte da Consellería. Esixen un plan de choque que permita “desconxestionar” a Atención Primaria e “reducir as listas de espera en Galicia”.

 Preguntado sobre este extremo, o Gómez Caamaño mostrábase “confiado” en que se consiga desbloquear o conflito e a folga non se chegue a producir, aínda que sinalaba que iso era algo que non dependía unicamente do departamento sanitario.

 “Con vontade polas dúas partes creo que se pode conseguir que este conflito non chegue a folga”, afirmaba.

 Con todo, onte, o sindicato anunciou que manterá o paro e acusou á Consellería de “romper” a negociación, na que se chegou a un principio de acordo sobre o número de pacientes máximo por xornada –a situar en 33– e negociaban as condicións para atender a sobredemanda de pacientes.

 Segundo a organización médica, a Consellería advertiulle de que non podían comprometerse a iso sen consultalo con Facenda e “esixiu” ao sindicato a suspensión da convocatoria. Por outra banda, Gómez Caamaño tamén indicou días atrás que desde a Consellería xa traballan nunha solución para os problemas de Primaria, tal e como avanzou na súa comparecencia ante o Parlamento de Galicia hai unhas semanas.

 Segundo lembrou, potenciarán a figura de xefe de servizo e traballarán en “mellorar” as axendas dos médicos, “que realmente están moi congestionadas”.

 Para iso, dous grupos de traballo abordarán a situación en dous planos: recursos humanos e factores funcionais e asistenciais. “Por suposto que temos que mellorar a AP, temos que mellorar eses tempos de espera e estamos a traballar nisto”, remarcaba.

Sumarse ao acordo

Neste contexto, o departamento de Gómez Caamaño pediu a O’Mega que desconvoque o paro indefinido e sómese ao “acordo maioritario” asinado con outros cinco sindicatos para este ámbito sanitario.

 “Co fin de evitar aos profesionais e pacientes unha folga indefenida, a Consellería fixo un esforzo negociador para lograr que o sindicato O’Mega sumásese a este acordo maioritario”, defendeu a secretaria xeral técnica, Natalia Lobato.

 Esta reacción produciuse despois de que o sindicato maioritario entre os médicos anunciase que manterá o paro e cargase contra a Xunta, á que acusa de “romper” a negociación, durante a que chegaran a un principio de acordo.

 Pola súa banda, o departamento autonómico lamentou a postura do sindicato que, en base ao seu relato, “impediu chegar a un acordo para evitar un paro prexudicial” e responde “máis a intereses particulares” que a “unha mellora real das condicións e necesidades dos profesionais e a poboación”.

 Lobato lembrou que Sanidade asinou un acordo con cinco sindicatos –entre eles, Simega–, que “xa está a supoñer melloras” tras a súa aprobación no Consello da Xunta, con efectos desde o 1 de xaneiro de 2026.

 Entre outras medidas aplicadas, citou o incremento do complemento de produtividade variable; o recoñecemento do venres como día prefestivo e o sábado como festivo, e o incremento das dietas de manutención. 

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina