Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Galicia

Morre en Vigo Xesús Alonso Montero, histórico presidente da Real Academia Galega

Xesús Alonso Montero
Xesús Alonso Montero
Patricia G. Fraga
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif

O escritor, filólogo, docente e académico Xesús Alonso Montero faleceu este xoves en Vigo, a súa cidade natal, aos 97 anos de idade. Figura central na cultura e a literatura galega, foi membro numerario da Real Academia Galega desde 1993 e presidiu, ademais, a entidade entre os anos 2013 e 2017.

Titulado en 1953 pola Universidad Central de Madrid, doutorouse pola Universidade de Salamanca coa tese 'Lingua e estilo de Curros Enríquez na súa poesía galega', dirixida por José Luis Pensado. Exerceu a docencia no ensino medio e universitario e no ano 1991 gañou a cátedra de Literatura galega na Universidade de Santiago de Compostela. 

Como investigador, foi un pioneiro no ámbito da sociolingüística aplicada ao caso galego. Ademais, o seu compromiso cívico e político nas filas do PCE desde 1962 custaríalle diversos episodios de represión durante a ditadura e determinaría a elección dalgunha das súas áreas de estudo predilectas, como as letras galegas e españolas durante a segunda república, a guerra civil, o franquismo e o exilio. Alonso Montero exerceu, ademais, como biógrafo, investigando a vida e a obra de numerosos autores como Luis Seoane, Lorenzo Varela, Curros Enríquez, Castelao, Celso Emilio Ferreiro, Neira Vilas, Leiras Pulpeiro, Luis Pimentel, Ben-Cho-Shey, Otero Pedrayo, Ánxel Fole, Ramón Piñeiro ou Rosalía de Castro.

Alonso Montero prestoulle ao longo da súa carreira unha especial atención á obra de poetas alófonos en lingua galega de distintas xeracións, como María Victoria Moreno ou Federico García Lorca, e levou a cabo tamén traballos sobre escritores de lingua castelá, catalá e portuguesa. A poesía popular de tradición oral foi outro dos seus campos de estudo, entre ela, a poesía medieval e dos séculos escuros. Ademais de como analista, cultivou as letras como ensaísta, narrador, poeta e dramaturgo, así como o escrito xornalístico.  

A súa  extensa obra é clave para coñecer  e comprender a realidade idiomática e cultural galega das últimas décadas. 

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina