Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Galicia

Os concellos galegos recibirán 57 millóns de euros pola xestión de envases lixeiros e papel-cartón

Convenio Xunta y Ecoembes
Ángeles Vázquez xunto a conselleira delegada de Ecoembes, Rosa Trigo
Cedida
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
liceo620

A Xunta de Galicia renovou o convenio de colaboración con Ecoembes para os vindeiros catro anos, ata 2030, cun investimento estimado de 57 millóns de euros destinados aos concellos galegos pola recollida e xestión de envases lixeiros e residuos de papel e cartón, o que supón un incremento do 26% respecto ao acordo anterior.

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, e a conselleira delegada de Ecoembes, Rosa Trigo, asinaron hoxe este novo acordo, que reforza a colaboración entre ambas entidades e introduce un sistema de compensación “máis xusto e equitativo”, ao ter en conta factores como a dispersión xeográfica, a dificultade loxística e a variabilidade poboacional dos municipios, tanto censada como estacional e turística.

Durante o acto, Ángeles Vázquez salientou que este é o cuarto convenio subscrito desde o pasado ano cos sistemas colectivos de responsabilidade ampliada do produtor (SCRAP), tras os asinados en 2025 relativos aos residuos de aparellos eléctricos e electrónicos (RAEE), pilas e acumuladores e envases de vidro, o que evidencia o compromiso da Xunta cunha xestión responsable e sostible dos residuos.

Segundo as estimacións realizadas, a retribución global aos concellos situarase arredor dos 14,3 millóns de euros anuais, dos cales 11,4 millóns corresponderán á xestión de envases lixeiros e 2,8 millóns aos residuos de papel e cartón. As bonificacións vinculadas ás toneladas recollidas experimentan unha suba do 17% no caso dos envases lixeiros e do 87% no de papel-cartón respecto ao anterior convenio.

O incremento das cantidades será especialmente significativo nos concellos rurais, cunha subida do 42%, co obxectivo de compensar os maiores custos operativos derivados da dispersión territorial. Nos municipios semiurbanos, a mellora acada o 26%, mentres que nos concellos urbanos sitúase no 31%, tendo en conta as súas particularidades, como as recollidas específicas en centros históricos.

A conselleira, que estivo acompañada pola directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, María José Echevarría, destacou que o novo convenio introduce pluses de excelencia para as entidades locais con mellores resultados, incentiva a recollida separada e elimina efectos fronteira nos incentivos, en coherencia cos obxectivos da economía circular.

Ademais, o acordo aposta pola simplificación administrativa e a mellora da eficiencia mediante a incorporación de ferramentas tecnolóxicas e dixitais, que permitirán reducir de xeito significativo a carga burocrática dos concellos e facilitar a xestión e o seguimento do sistema.

Finalmente, Ángeles Vázquez animou a todas as entidades locais galegas a adherirse a este novo convenio —ao que no anterior estaban adscritos os 313 concellos de Galicia— lembrando que aquelas que o fagan nos tres meses posteriores á sinatura poderán beneficiarse da retroactividade das axudas desde o 1 de xaneiro de 2026.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620