Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Galicia

A Xunta propoñerá ao alumnado o reto dun día sen redes nin dispositivos

Traballará con empresas de tecnoloxía para blindar un “uso seguro” das ferramentas dixitais

Dúas mozas consultan os seus teléfonos móbiles
Dúas mozas consultan os seus teléfonos móbiles
Arquivo El Ideal Gallego
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
liceo620

A Xunta, a través do ‘Plan integral de benestar dixital’, propoñerá ao alumnado un reto de 24 horas sen usar internet e dispositivos electrónicos; actualizará os currículos educativos e traballará xunto a empresas tecnolóxicas para sensibilizar sobre o “uso seguro” das ferramentas dixitais no ámbito escolar.

 Así o avanzaron este xoves no acto de presentación do plan, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Santiago e que contou coa participación do conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez; da directora xeral de Ordenación e Innnovación Educativa, Judith Fernández, e de representantes de centros escolares, universidade e da comunidade educativa en xeral.

O novo plan de benestar dixital pretende garantir un bo clima de convivencia e situación emocional

Pola súa banda, o director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez, enxalzou este plan por ser “a folla de roteiro para impulsar o uso responsable da tecnoloxía e a convivencia saudable cos dispositivos dixitais”.

 Todo iso co obxectivo de “garantir o benestar emocional na infancia e na adolescencia e o bo clima de convivencia”.

 Cun orzamento de 7,4 millóns de euros, o plan abarca un paquete de medio centenar de medidas para desenvolver ao longo de cinco anos deseñadas coas achegas de expertos da docencia, da pedagoxía, da psicoloxía, da tecnoloxía e da medicina.

 Esta folla de roteiro ata 2030 estrutúrase en cinco eixos de actuación e seis dimensións de impacto tecnolóxico, tal e como subliñou directora xeral de Ordenación e Innnovación Educativa, en concreto, as condutas de risco e ciberseguridade; os hábitos de vida saudables; a garantía dos dereitos e dos valores democráticos; a convivencia escolar e familiar, a aprendizaxe e desenvolvemento cognitivo e a socialización e o desenvolvemento persoal.

Principais medidas

Este planifica actuacións específicas dirixidas aos centros educativos, ao alumnado, ao profesorado e ás familias, por exemplo o ‘Contrato de vida dixital’, que busca fomentar a responsabilidade e o compromiso do alumnado cun documento de carácter voluntario que asinarán o centro e o estudante, dacordo coa familia, relativo ao uso de tecnoloxías fose do horario escolar. 

Por outra banda, vinculado ao ‘Contrato de vida dixital’, desenvolverase o reto ‘Apagamento dixital’, a través do cal, o alumno participante comprométese a estar 24 horas sen usar internet e dispositivos electrónicos.

 Así mesmo, incorporarase un sistema de autoavaliación para o alumnado, trátase do ‘Modo consciente-ON’, unha proposta a través da cal o estudante poderá identificar os compromisos cumpridos no marco do uso responsable da internet.

 Neste contexto, o conselleiro referiuse a que “a complexidade do ecosistema dixital actual fai imprescindible unha acción coordinada entre todos os axentes que inflúen no benestar dixital da infancia e da adolescencia”.

 Por iso, anunciou que o plan contempla acordos co sector tecnolóxico para mellorar a “seguridade, privacidade e transparencia” das ferramentas informáticas.

Código de boas prácticas

Unha das cuestións novas é a elaboración dun ‘Código galego de boas prácticas tecnodidácticas’, que se desenvolverá xunto á industria do sector, “ao que tamén se lle brindará a oportunidade de participar en proxectos de innovación aplicada ao benestar dixital, en colaboración coas universidades, centros de investigación e empresas TIC”.

 Así as cousas, Rodríguez tamén anunciou que os currículos educativos van incorporar modificacións para asegurar o desenvolvemento de habilidades tecnolóxicas dos alumnos e fomentar un uso “consciente, responsable e saudable” das ferramentas dixitais.

 Con todo, o conselleiro fixo fincapé en que non se trata dun plan “sinxelo”, pero asegurou que “vai ser tremendamente positivo para Galicia”.

 “A tecnoloxía é unha porta aberta ao mundo, con posibilidades”, concluíu, á vez que apostou por “non quitar” aos mozos o coñecemento sobre estas, senón por ensinarlles a usalas “da mellor forma posible”.

Educación defende os “contratos” cos que fomentar a desconexión dos mozos: “Non é unha medida comunista”

Ademais, Rodríguez, defendeu que os “contratos voluntarios” entre centros educativos e alumnos para tratar de regular e promover o uso responsable de pantallas fóra de horario escolar. En concreto, insistiu en que “non se trata de fiscalizar” e que “non é unha medida comunista coa que meterse na vida das familias”.

 A preguntas dos medios, o conselleiro debullou que o que se pretende é ter unha ferramenta voluntaria coa que “xerar un marco de concienciación, un marco de relación e un marco de sensibilización”.

 Pero tamén axudar ás familias para implementar unha accións que vaian orientadas a restrinxir o “mal uso” dos dispositivos tecnolóxicos por parte das persoas mozas fose do horario escolar.

 “É dar unha ferramenta para axudar e moitas familias non o pediron”, subliñou o conselleiro. 

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620