Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Galicia

O plan ‘Outono Gastronómico’ inxecta máis de 700.000 euros ao sector turístico en Galicia

Este programa ten como principal obxectivo desestacionalizar a oferta de ocio na comunidade

Un home merca marisco nun mercado de abastos galego
Un home merca marisco nun mercado de abastos galego
Cabalar (Efe)
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif

A edición número 19 do programa ‘Outono Gastronómico’ da Xunta de Galicia pechou o pasado ano 2025 cuns ingresos estimados de máis de 700.000 euros ao sector turístico na comunidade, unha cifra que supón un 11% máis que en 2024 e atraeu a un total de 8.623 clientes, é dicir, un 1,3% máis.

 A iniciativa que combina tempo de lecer, turismo, experiencias variadas para os diferentes membros das familias e gastronomía de Galicia –vixente desde o 19 de setembro ata o 21 de decembro de 2025 –contou nesta pasada edición coa participación dun total de 78 establecementos repartidos por toda a autonomía galega.

 A provincia con maior estimación de ingresos e de clientes foi Ourense, con 1.270 clientes e unha facturación de 115.293 euros, froito da campaña de promoción realizada por Turismo de Galicia en favor dos municipios afectados pola vaga de incendios do verán pasado.

Zonas afectadas polos lumes

En concreto, once establecementos participantes neste programa estaban situados en zonas afectadas polos devastadores lumes, o que representa o 14% do total de establecementos.

 O tipo de paquete ofertado que concentra o maior volume de gasto é a fin de semana dobre, cunha entrada de 323.985 euros e 1.246 clientes.

 Un ano máis, Turismo de Galicia pechou unha nova edición dun programa que se desenvolve durante os meses de outono no marco da estratexia rexional de desestacionalización da oferta turística.

 En concreto, a proposta incluía un menú gastronómico de outono, sen aloxamento; un paquete gastronómico de outono, para estancias dunha noite; e unha Fin de semana Gastronómica de Outono de dúas noites, así como a variante da Fin de semana Gastronómica de Outono Familiar, con estancias de dúas noites para un ou dous adultos cun ou dous nenos.

Na edición de 2025, os ingresos xerados superaron os 7,3 millóns e o número de participantes foi de 110.000

Ademais, un total de 26 establecementos ofreceron o Outono Plus, cun programa de actividades complementarias como paseos a cabalo, kaiak, sendeirismo e visitas a adegas con catas.

 Desde o seu inicio no ano 2007 e segundo as estimacións desta última edición, os ingresos xerados no sector superan os 7,3 millóns de euros e un total 110.000 persoas participaron nesta iniciativa. 

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina