Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Galicia

O PSdeG respecta a dimisión de Silvia Fraga e di que se actuou “con dilixencia” no caso Tomé

Aitor Bouza asegura que o partido aplicou o protocolo desde que a dirección coñeceu o caso de acoso sexual

O expresidente da Deputación de Lugo, José Tomé, na súa comparecencia do pasado día 10
O expresidente da Deputación de Lugo, José Tomé, na súa comparecencia do pasado día 10
Pedro Eliseo Agrelo Trigo (Efe)
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif

O secretario xeral do PSdeG de Santiago de Compostela, Aitor Bouza, respecta a decisión da secretaria de Igualdade do seu partido, Silvia Fraga, de dimitir tras a denuncia por acoso sexual contra o xa expresidente da Deputación de Lugo José Tomé Roca pero defendeu que #ante este caso actuaron “con dilixencia”. 

Bouza asegurou este sábado que se aplicou o protocolo e desde que se coñeceu por parte da dirección galega a denuncia “non pasaron nin 24 horas para que o señor Tomé fóra absolutamente apartado, dentro do que o partido pode, de todos os seus cargos orgánicos e institucionais”.

Así, o tamén deputado autonómico do PSdeG considerou que “se fixo todo o que se podía, dentro da dilixencia para protexer á vítima que era o máis importante e sobre todo actuar con contundencia e rapidez, porque máis rapidez eu creo que neste caso non se pode”.

 Por iso, dixo que respecta “todas as posturas e opinións”, pero a parte de Silvia Fraga “hai corenta e pico persoas máis na Executiva galega que o que demostran é que houbo ese apoio” á vítima.

“Apostamos pola igualdade”

“O PSOE é moito máis que puteros, porcos, machistas e calquera persoa que faga unha conduta contra unha muller, porque evidentemente o PSOE non é iso, é todo o contrario.

 Somos todos os militantes que apostamos pola igualdade”, afirmou Bouza, tras manifestar o apoio ás vítimas e a repulsa ante calquera actitude e conduta machista.

 Fraga dimitiu este pasado venres do seu cargo á fronte da Secretaría de Igualdade, segundo a dirección do PSdeG, por un desacordo cunha nota enviada o primeiro día en que estalou o caso, sobre cuxa redacción non foi consultada e na que tampouco se lla nomeaba, pois unicamente aparecía citada a responsable de Organización, Lara Méndez.

 Bouza agradeceu o labor de Fraga e “todo o traballo que seguirá facendo pola igualdade e polo feminismo”.

Candia pide “coherencia” ao BNG e que retire o seu apoio aos socialistas na Deputación de Lugo

Pola súa banda, a presidenta provincial do PP de Lugo, Elena Candia, esixiu este sábado “coherencia” ao BNG ante a situación que xeraron as denuncias contra Tomé e instoulle a que retire o seu apoio ao PSdeG na Deputación provincial.

 En rolda de prensa, xunto ao secretario xeral do PP en Lugo, Javier Vázquez Nodal, e o portavoz do grupo provincial, Antonio Ameijide, Candia criticou a postura dos deputados nacionalistas, pois se seguen formando parte do bipartito co Partido Socialista, terán que contar co voto de Tomé, alcalde de Monforte e deputado provincial non adscrito.

 De feito, este bipartito mantiña a maioría absoluta fronte ao PP por un único deputado no pleno da corporación provincial, de modo que o voto de José Tomé antóllase fundamental para soster o actual goberno da Deputación. 

0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara
0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251212_carlos