Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Galicia

O Bono Emancípate chega a máis dun millar de mozos en 2025, cun orzamento superior os dous millóns de euros

Dous mozos miran as ofertas dunha axencia inmobiliaria
Dous mozos miran as ofertas dunha axencia inmobiliaria
Archivo EL ideal Gallego
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif

A Xunta de Galicia colaborou este ano cun total de 1.066 persoas, de entre 18 e 35 anos, a través do Bono Emancípate. Esta iniciativa está destinada a ser un apoio para afrontar os primeiros gastos do fogar.

Grazas a achega da Consellería de Xuventude, máis dun millar de mozos galegos obtiveron este apoio para a compra de mobiliario ou de electrodomésticos, entre outros enseres.

Do número total de beneficiarios da iniciativa, 584 independizaronse en réxime de alugueiro e recibiron 1.500 euros, mentres que outros 482 fixéronno nunha vivenda en propiedade e correspondeulles unha contía de 3.000 euros.

O proceso de adxudicación das axudas realizouse por orde de chegada das peticións e unha vez revisados os requisitos esixidos nas bases da convocatoria.Un orzamento que crece

Un orzamento que crece

Tras o éxito da iniciativa, que recibiu 3.700 solicitudes, a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude aprobou neste ano un incremento do crédito de 250.000 euros, que se sumou aos case dous millóns de euros da partida inicial.

Ademais, desde o Goberno galego respóndese á gran demanda desta primeira edición incluíndo nos orzamentos de 2026 unha suba dun millón de euros, de maneira que o Bono Emancípate contará o vindeiro ano con tres millóns de euros.

O obxectivo deste programa é que os mozos galegos conten cun incentivo económico á hora de iniciar un proxecto de vida fóra do seu fogar habitual, e que se centra en sufragar a adquisición de mobiliario ou diversos artigos como os decorativos, obxectos do baño, téxtil ou certos electrodomésticos esenciais, entre outros gastos.

O acceso á mesma está supeditada ó cumplimento de certos requisitos como figurar dentro da franxa de idade indicada, ter, polo menos, unha fonte regular de ingresos, posuír a nacionalidade española ou dalgún dos Estados da Unión Europea ou do Espazo Económico Europeo, ou estar empadroados na vivenda na que van permanecer, entre outras cuestións.

CLAVES
1 As axudas  da Consellería de Xuventude están destinadas a que a mocidade afronte os primeiros gas tos do fogar como a compra de mobiliario ou electrodomésticos.
2 Das persoas incluídas, 584 están independizadas en réxime de alugueiro e 482 como para propietarias. O programa está destinado á mocidade de entre 18 e 35 anos e recibiu 3.700 solicitudes.
3 A Xunta apostará por esta medida no 2026 cun incremento do orzamento ate tres millóns. Este ano contou cunha partida inicial de 2 millóns ao que se engadiron 250.000 euros

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude puxo en marcha o Bono Emancípate coa intención de dar unha resposta eficaz ás demandas da mocidade galega ante as dificultades de acceso a unha vivenda de seu que lle permita iniciar un proxecto de vida independente.

Así, con esta iniciativa trátase de complementar as políticas de vivenda que xa vén desenvolvendo a Xunta de Galicia cunha acción diferente. Deste xeito, trátase dunha liña de apoio complementaria a outras que teñen que ver co prezo de compra dun inmoble ou a renda do alugamento.

Unha vez concedidas e comunicadas, as axudas fanse efectivas a través dunha tarxeta moedeiro virtual, expedida a nome da persoa beneficiaria, que no caso da actual convocatoria de 2025, pode ser utilizada ata o 31 de decembro como data límite. Ademais, as compras que se realicen deben facerse en establecementos que teñan unha sede física en Galicia e non se poderá utilizar en compras a distancia. 

0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara
0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251212_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_bico_redideal_251125_tamara