Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Galicia

A Xunta defende o investimento nas tres universidades públicas e a oposición ve e “privatización”

O Goberno galego sinala que “superará en 84,5 millóns de euros as previsións de transferencia” nos centros galegos

Universitarios asisten a una unha clase maxistral
Universitarios asisten a unha clase maxistral
Arquivo El Ideal Gallego
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif

O secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez, compareceu este venres a petición propia no Parlamento para defender o “esforzo investidor” da Xunta nas tres universidades galegas, aínda que o PSdeG ve “infrafinanciación” no sistema universitario e o BNG refírese ao “maior período de privatización”.

 Así, o responsable de Universidades detallou que, unha vez en trámite os orzamentos de 2026, a Xunta “superará en 84,5 millóns de euros as previsións de transferencia” ás universidades de Santiago de Compostela, Vigo e A Coruña no marco do Plan galego de financiamento universitario 2022-2026.

 Explicou que o plan prevía unha achega total de 2.457,4 millóns de euros neste período, “cantidade que xa ascendeu a 2.541,8 millóns de euros”, segundo celebrou.

 “A cantidade global é, de novo, a maior da historia”, subliñou o representante da Consellería de Educación. 

En contraposición, o deputado socialista Aitor Bouza compareceu en resposta na comisión de Educación da Cámara, onde acusou á Xunta de “repetir o que vén contando no Parlamento de maneira permanente”.

 “Non podemos compartir que o sistema de financiamento sexa un mecanismo axustado ás necesidades reais do sistema universitario, que está infrafinanciado”, aseverou Bouza, á vez que acusou ao Goberno galego de baixar nun 10% o Plan Galego de Investigación. Con todo, o secretario xeral defendeu tamén o investimento en materia de I+D+i nas universidades públicas galegas que representan o 58,6% do persoal investigador total en Galicia.

 Así debullou que a partida para investigación universitaria “é a que ten o crecemento máis elevado de todas dentro do plan de financiamento”.

 “Só en 2026 a asignación total para actividades universitarias de investigación, innovación e transferencia, incluíndo tanto as partidas directas como indirectas, alcanza a cifra de 163,2 millóns de euros”, esgrimiu.

 Pola súa banda, o deputado do BNG Daniel Castro referiuse a un sistema de profesorado universitario “envellecido”, ao que o secretario xeral respondeu referíndose a un sistema “cíclico”. “Por exemplo, a USC agora é unha das máis envellecidas, pero dentro duns anos será das mais mozas”, reflexionou.

 Neste contexto, Castro tamén asegurou estar ante “o maior período de privatización” no sistema universitario e denunciou que “hai un camiño de pedras para a pública e unha alfombra vermella para a privada”.

 “Son xeradores de desigualdade, case 11.000 euros ao ano non os pode pagar a inmensa maioría da poboación e isto xera desigualdade. Por primeira vez na historia hai máis máster privados que públicos”, lamentou.

 En contraposición, a deputada popular Cecilia Vázquez agradeceu “a transparencia da Xunta” e instou ao Goberno galego a “seguir traballando polo camiño do diálogo e apostando polas universidades públicas”. 

0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara
0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251212_carlos