Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Galicia

A alimentación aposta polo medio ambiente coa iniciativa Proalis-Carbon

A Xunta, Clusaga e Vegalsa-Eroski reúnen os representantes do sector para avanzar na transición climática

Representantes do sector alimentario asisten a unha das mesas redondas do programa Proalis-Carbon
Representantes do sector alimentario asisten a unha das mesas redondas do programa Proalis-Carbon
Cedida
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina

O sector alimentario galego mostrou, coa súa implicación no programa Proalis-Carbon, o seu compromiso en materia de redución das emisións de gases contaminantes así como a súa aposta pola introdución de criterios ambientais nos procesos para avanzar cara a unha transformación sostible da produción.

A iniciativa, que celebrou hai uns días o seu acto de clausura, foi impulsada hai uns meses pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático e o Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) con Vegalsa-Eroski como empresa tractora. O obxectivo do programa foi reducir as emisións do sector e avanzar na transición climática.

Para o desenvolvemento do programa deseñáronse unha serie de accións formativas mediante as cales as empresas alimentarias e os seus empregados tiveron a oportunidade de adquirir coñecementos e ferramentas para avanzar en termos de sostibilidade e eficiencia.

Tamén se fixo unha diagnose das empresas participantes a través do envío dun cuestionario para recoller información sobre as súas prácticas ambientais e poder facer unha posterior análise de cara a elaborar posibles recomendacións, así como reunións co persoal para ofrecer titorizacións sobre recollida e análise de datos.

A responsable do área de Sostibilidade de Clusaga, Perla Ferrer, destacou que “neste programa, puidemos traballar man a man en tan só tres mesas cun total de 24 empresas alimentarias na modalidade que denominamos Activa Clima. Nesta modalidade, puidéronse realizar un ciclo formativo enfocado na medición de indicadores ambientais, a comunicación, a avaliación de riscos climáticos, impactos e oportunidades, e a metodoloxía de mellora continua en procesos produtivos e da loxística. e conversamos con elas para determinar o seu nivel de madurez climática”.

“Ademais, púidose dar unha serie de recomendacións de traballo a máis de 16 empresas que participaron nunha fase de diagnóstico e unha asesoría especializada ás 5 empresas alimentarias que pasaron á modalidade Elite Clima” destaca.

Ferrer salienta que o sector alimentario galego “está en pleno punto de inflexión Ao longo do programa identificamos tres perfiles de madurez climática empresarial: avanzado, intermedio e emerxente. Todos eles coinciden en algo: o sector está a pasar dun enfoque reactivo, centrado en iniciativas enfocadas na eficiencia, a unha visión estratéxica, onde a sustentabilidade convértese nunha panca de competitividade, innovación e xestión do risco”.

Un punto de inflexión

“O sector alimentario galego vive agora mesmo un punto de inflexión. Hai uns anos, a sustentabilidade abordábase sobre todo desde o aforro de custos: cambiar a iluminación, reducir consumos, cumprir coa normativa. Hoxe a fotografía é moi distinta. Segundo o diagnóstico do programa Proalis-Carbon, cada vez máis empresas entenden a sustentabilidade como unha panca de competitividade e de futuro, e non simplemente como un requisito. Algunhas xa traballan con comités internos de sustentabilidade formalizados na súa estrutura e teñen estratexias climáticas formalizadas”, sinala.

A responsable de Sostibilidade de Clusaga ten claro a nivel empresarial, compensa a aposta polo medio ambiente. “A aposta polo medio ambiente non só ten un impacto positivo sobre a sustentabilidade global, senón que tamén achega beneficios directos ás empresas. En Galicia, o sector alimentario é estratéxico, non só polo seu peso económico, senón porque está profundamente vinculado á nosa paisaxe, a nosa biodiversidade e a nosa identidade. A forma en que xestionamos os viñedos, a produción hortofrutícola e mesmo os pastos é clave: estas prácticas manteñen a fertilidade do chan, preservan ecosistemas únicos, favorecen a biodiversidade e contribúen a conservar a riqueza natural que caracteriza á nosa rexión”, lembra.

O seu diagnóstico coincide co de Jorge Eiroa, director de Compras de Vegalsa-Eroski, unha empresa que tivo un papel tractor na iniciativa Proalis-Carbon.

Eiroa lembra que “a aposta de Vegalsa-Eroski pola descarbonización vén por un tema de conciencia ambiental e pola aposta polo produto local (Sustentabilidade económica). Apoiando aos provedores locais contribuímos a xerar riqueza nos territorios nos que operamos, así como a coidar da nosa contorna e da saúde dos nosos clientes a través da aposta por produtos frescos. Son uns valores que nos acompañan desde hai anos e que os consumidores valoran, xa que eles mesmos fan cada vez unha compra máis consciente”.

O director de Compras da compañía de distribución alimentaria sinala que as suas principais iniciativas para a redución de emisións “céntranse nos procesos de loxística e transporte. Formamos parte dun plan de acción do noso socio Grupo Eroski e que foi recoñecido recentemente coa terceira estrela Lean & Green, poñendo en valor a eficiencia e sustentabilidade na cadea de subministración”.

“En Vegalsa-Eroski somos conscientes de que nos queda traballo por diante e que é un camiño que temos que facer todos xuntos. Agora mesmo queremos seguir avanzando na descarbonización de alcance tres, que é a que inclúe as emisións indirectas”, sinala ao tempo que reafirama o compromiso da empresa co apoio “ás empresas locais e comprometidas co medioambiente”. “Ademais, continuaremos acompañando aos nosos provedores na mellora dos seus procesos internos. Un proceso que facemos a través do noso programa de acompañamento a provedores e como compañía tractora do programa Proalis-Carbon”, lembra Eiroa.

O director de Compras de Vegalsa-Eroski, considera que “este tipo de iniciativas axudan a conectar á administración e ás empresas. Para min, esta colaboración é o máis importante á hora de avanzar, así que estes proxectos son máis que necesarios”. “Os resultados desta primeira edición do programa demóstrannos que o sector está a dar pasos firmes. A acollida foi moi boa. Participaron diversidade de perfís, profesionais de áreas clave que nos mostraron o compromiso que teñen as empresas nun momento de grandes esixencias. A súa implicación móstranos que a sustentabilidade é xa un eixo estratéxico das compañías” sinala Eiroa.

Na clausura da iniciativa, a directora xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, Paula Uría explicou que nos últimos tres meses un total de 76 profesionais do sector se formaron a través de obradoiros teórico-prácticos sobre cuestións relacionadas cos riscos climáticos, a medición da pegada de carbono e hídrica nos procesos produtivos e a responsabilidade ambiental empresarial a través de estratexias Lean & Clean para axudar ás empresas a reducir as súas emisións de CO2.

Un total de 24 empresas participaron tamén no traballo de diagnose inicial e 16 foron avaliadas máis a fondo para coñecer o seu nivel de madurez climática. Ademais, cinco das firmas que colaboraron no programa recibiron un acompañamento individualizado para avaliar a súa situación actual e axudarlles a dar pasos clave a futuro para avanzar no cálculo da súa pegada de carbono e nos seus plans de descarbonización.

Uría puxo en valor o esforzo que está a realizar Galicia para avanzar na redución dos combustibles fósiles e cara á neutralidade climática, metas para as que será clave a futura lei do clima autonómica, actualmente en tramitación parlamentaria e que pon o foco no clima como eixo transversal das políticas públicas da Xunta.

De feito, esta nova norma márcase como reto principal dotar a comunidade das ferramentas, órganos e instrumentos necesarios para garantir a consecución da neutralidade climática no horizonte do ano 2040, é dicir, unha década antes do prazo fixado pola Unión Europea.

Neste sentido, a responsable autonómica considerou que aínda que o camiño cara á descarbonización é “esixente” tamén ofrece unha grande “oportunidade para modernizar a economía, fortalecer a competitividade e protexer o territorio”, tres cuestións clave para que Galicia continúe sendo un “referente en acción climática”.

Por iso, animou ao sector da alimentación na comunidade a seguir amosando o seu compromiso coa implantación de enerxías renovables, a economía circular ou a valorización de subprodutos alimentarios, materias nas que xa parten dunha base sólida e nas que considerou que poderán avanzar aínda máis grazas ás capacidades, ferramentas e coñecementos adquiridos grazas ao programa Proalis-Carbon.

0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251212_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara
0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina