Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Galicia

Sanidade minimiza a folga e pide á ministra Mónica García que actúe ante os paros do vindeiro mes de decembro

O sindicato O’Mega critica novamente as cifras facilitadas pola Xunta sobre a segunda xornada de folga na Primaria

Sanitarios protestan, omnte, ante a Consellería de Sanidade
Sanitarios protestan, omnte, ante a Consellería de Sanidade
Xoán Rey (Efe)
0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, minimizou o impacto na actividade asistencial da segunda xornada de folga en Atención Primaria (AP) convocada polos sindicatos O’Mega e CIG, que cifrou en menos do 8% nos centros de saúde. 

Gómez Caamaño compareceu onte en conferencia de prensa para informar do impacto da segunda xornada de paros convocados por estes dous sindicatos, unha vez que tras as negociacións dos últimos días UXT, CSIF, UXT e Simega declinaron participar na folga.

 Durante a súa comparecencia, o conselleiro mostrou a súa “preocupación” polos paros convocados para o mes de decembro tanto por médicos como por técnicos sanitarios e avanzou que enviou unha carta á ministra de Sanidade, Mónica García, para pedirlle “un máximo esforzo de negociación” que leve a unha desconvocatoria da folga para os días 9, 10, 11 e 12 de decembro.

Esta folga “ameaza con paralizar gravemente a asistencia unha semana enteira en decembro”, dado que os días anteriores son un festivo e unha fin de semana e coincidirá cun momento previsto de crecemento da curva da gripe, dixo Gómez Caamaño.

 Segundo explicou, cada día de folga de decembro “pode chegar a paralizar 336 intervencións cirúrxicas, máis de 10.000 consultas e 600 probas diagnósticas”. Esa folga está convocada contra a reforma do estatuto marco anunciada polo Ministerio.

 Respecto a a segunda xornada de folga, Gómez Caamaño dixo que durante a mañá de onte o seguimento foi dun 4,94%; con picos máximos na área de Santiago do 9,44% e mínimos na área de Ourense, dun 1%.

 Antes da comparecencia do conselleiro de Sanidade, un grupo de médicos do sindicato O’Mega concentrouse ante o edificio que alberga a Consellería de Sanidade en Santiago de Compostela.

 Un dos seus portavoces, Alberto Freire, da área da Coruña, dixo que as cifras de seguimento da folga que ofrece a Consellería non son verdade, xa que se fan sobre o total de facultativos do sistema, argumentou, e asegurou que na área da Coruña o seguimento é do 75% . 

Preguntado por esta cuestión, o conselleiro dixo non entender de onde sae a discrepancia, xa que os datos son os que lle proporcionan. 

0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251121_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara
0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara