Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Galicia

O Parlamento pide á Xunta reclamar ao Goberno que ceda vivendas da Sareb

A proposición non de lei presentada polo PP contou co apoio do BNG mentres que o PSdeG abstívose

Sesión da Cámara galega
Sesión da Cámara galega
Arquivo El Ideal Gallego
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
liceo620

O Parlamento de Galicia instou á Xunta a reclamar resposta urxente do Goberno central “ás reiteradas solicitudes de cesión gratuíta e definitiva das vivendas e chans propiedade da Sociedade de Xestión de Activos procedentes da Reestruturación Bancaria (Sareb) en Galicia co fin de destinalos a políticas públicas de vivenda”.

 Así o recolle o texto debatido este xoves na Comisión de Ordenación do Territorio a través dunha proposición non de lei do PP e que contou co apoio do BNG. Os socialistas abstivéronse.

Os populares critican o plan estatal de Vivenda polo seu retraso e os socialistas din que “Sánchez cumpriu”

“Levamos anos pedindo os activos da Sareb”, argumentou o deputado popular Roberto Rodríguez, quen reprochou ao Goberno central que “pechase toda posibilidade de adquisición de vivendas cando Galicia ten fondos”. Na súa exposición, fixo unha defensa das políticas da Xunta nesta materia fronte ás do Executivo central.

 “O plan estatal de vivenda leva un atraso de máis dun ano e cun Goberno privatizando, onde están as vivendas prometidas”, expuxo. “Sánchez cumpriu”, replicou o parlamentario socialista Aitor Bouza, quen sostivo a Xunta “non fixo nada en materia de vivenda en 16 anos”.

 “Deixaron fondos sen executar”, expuxo nunha intervención na que recalcou que a competencia nesta materia é “exclusiva” do Executivo galego. “O Goberno está a buscar solucións”, subliñou.

 A pesar das críticas á política da Xunta nesta materia, a deputada do BNG Alexandra Fernández xa avanzou, antes da votación, o apoio á mesma. Fíxoo denunciando, con todo, o que considerou “hipocrisía” do Partido Popular.

 “Non fixeron nada para conseguir o máximo de vivendas da Sareb, miraron para outro lado”, apuntou sobre as existentes no seu momento. Con todo, apoiou que debe haber unha transferencia á autonomía de forma gratuíta e rexeitou medidas por parte do Ministerio de Vivenda que impliquen “recentralizar” competencias nesta materia.

Xestionar a nosa

A Cámara tamén instou á Xunta a priorizar as accións que desenvolve no marco da Lei de Ordenación e Xestión Integrada do Litoral de Galicia “e que permitirán á nosa comunidade desenvolver de maneira máis e efectiva as políticas para protexer e xestionar a nosa costa”, recolle o texto. 

Foi nunha iniciativa que só contou cos votos do PP e que foi defendida na Comisión de Ordenación Territorial polo deputado do PP Gonzalo Trenor.

 Nunha exposición con críticas ao Goberno central polo seu posicionamento fronte a esta lei, Trenor defendeu as actuacións do Executivo galego “despois de tanta deslealdade institucional”, sentenciou sobre o Executivo central. Na votación, os demais grupos abstivéronse. Armando Follea, de Democracia Ourensana, considerou que “a prioridade debe ser a recuperación da provincia de Ourense tras a vaga de incendios”. 

“É unha iniciativa de autobombo, está baleira de contido”, sentenciou o deputado socialista Aitor Bouza, quen asegurou que esta cuestión esixe “serenidade, planificación e ciencia”, algo que, ao seu xuízo, non hai na política autonómica.

 Á súa vez, a parlamentaria do BNG Alexandra Fernández cualificou a proposta de “superflua”. “Que fixo ata o de agora o PP”, expuxo para asegurar que “en 14 anos foron incapaces de desenvolver moitas medidas do POL”, sinalou sobre o Plan de Ordenación do Litoral.

 Ademais de reprochar que non exista unha consellería de Ordenación do Territorio, considerou que non hai unha planificación “efectiva” e si unha axenda “especulativa”.

 Nesta mesma sesión, o BNG presentou unha proposición non de lei para que o Parlamento demandase á Xunta un cronograma claro e vinculante para a execución, non a fase de estudos, das zonas húmidas anunciadas nas catro localizacións de Ponteceso, Río Bispo, Lagares e Vilagarcía, con “financiamento efectivo”, ademais de aumentar as partidas destinadas a restauración e protección dos bosques de ribeira, entre outras actuacións.

 “Para que Augas de Galicia pase do discurso á acción”, aseverou Montserrat Valcárcel. Desde o PSOE, Aitor Bouza trasladou o apoio.

 “Hai retos importantes como a contaminación xerada ou os desbordamentos de auga de tormenta, hai que tratar novos microcontaminantes, debe implementarse o marco normativo e as políticas da Unión Europea”, expuxo.

 Pola súa banda, Trenor defendeu que se están adoptado medidas que se basean na ordenación do territorio, na prevención e a autoprotección e incidiu na incorporación de liñas estratéxicas nos orzamentos de 2026. 

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620