Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Galicia

A folga en Atención Primaria comeza cunha concentración fronte á Consellería de Sanidade

A Xunta cifra o seguimento nun 7% na quenda de mañá e nun 4,26% na de tarde, datos que critican os sanitarios

Sanitarios durante unha concentración, este mércores, en Santiago de Compostela
Sanitarios durante unha concentración, este mércores, en Santiago de Compostela
Lavandeira Jr (Efe)
0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif

Ao redor de dous centenares de persoas concentráronse onte ante a Consellería de Sanidade, coincidindo co primeiro dos tres días de folga convocados pola CIG en Atención Primaria (AP).

 Aínda que o sindicato valorou “positivamente” o seguimento do paro a pesar dos servizos mínimos “abusivos”, Sanidade cifrouno onte á mañá nun 7% e na tarde nun 4,26%.

 Esta central sindical, xunto ao médico O’Mega, son os que manteñen a convocatoria tras reunirse estas semanas co departamento autonómico e non chegar a acordo. CSIF, CCOO e Simega, si o fixeron e desconvocaron o paro.

 En palabras de Manuel González Moreira, da Executiva Nacional de CIG Saúde, a convocatoria mantense porque a proposta final da Consellería, “aínda que recolle melloras que levan anos reclamando”, “non consolida unha situación con perspectiva de futuro para a Primaria”.

 Moreira insistiu en que a Consellería debe facerse “responsable” da situación e “analizar o seu papel”. Entre as reivindicacións citadas, está, entre outras cuestións, o novo Plan de Ordenación dos Recursos Humanos.

 A CIG tamén criticou os servizos mínimos impostos pola Xunta, que tacharon de “abusivos”. A pesar disto, valoraron o “elevado seguimento” da folga nesta primeira xornada. 

Segundo os datos de Sanidade, a folga alcanzou, na quenda de mañá, un seguimento do 6,89% na totalidade dos centros sanitarios de AP de Galicia mentres que para a quenda de tarde situouno nun 4,26% de media en todos os centros galegos.

 Os profesionais criticaron estas cifras e, como exemplo, citaron o caso da área sanitaria de A Coruña-Cee onde a Xunta cifrou o seguimento na mañá nun 7,8% mentres os profesionais precisaron que contando o persoal dispoñible – sen ausencias e servizos mínimos– a cifra ascende ao 18% con especial incidencia nos facultativos, que pasan do 20% oficial a un 59% co criterio antes citado. 

0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251121_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara
0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara