Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Galicia

O Parlamento rexeita as restricións do Goberno central á pesca recreativa

A partir do día 10 de xaneiro os pescadores deben declarar as capturas a través dunha aplicación no móbil

Unha persoa pesca nun día de temporal
Unha persoa pesca nun día de temporal
Arquivo El Ideal gallego
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif

Deputados do PPdeG, que dispoñen de maioría absoluta no Parlamento de Galicia, co respaldo de representantes do BNG, aprobaron este martes unha iniciativa reclamando “paralizar” as restricións á pesca recreativa adoptadas recentemente polo Goberno central, conforme á normativa da Unión Europea.

 A partir do vindeiro 10 de xaneiro, os pescadores deberán declarar as súas capturas mediante unha aplicación en dispositivos móbiles, unha medida que o Parlamento de Galicia considera que debería ter en conta as especificidades de Galicia.

 A iniciativa parlamentaria convida á Xunta a reclamar ao Goberno central que “paralice e modifique” esa medida, inicie un “diálogo” co sector, recoñeza o “carácter de autoconsumo” desa actividade e rebaixe outras condicións, entre elas o sistema burocrático de declaración por internet das capturas.

 O deputado do PPdeG Miguel Fidalgo, promotor da iniciativa, acusou ao Goberno central de adoptar unha normativa que “vai máis aló do que Europa pide” e de aprobar unha “batería de restricións sen xustificación”.

 Fidalgo acusou ao ministro de Pesca, Luis Planas, de acudir ás institucións europeas a “presumir” de medidas para “reducir a burocracia”, cando agora pretende para as persoas que pescan de maneira recreativa “obrigar a encher” un total de 19 campos sobre as súas “capturas” nunha aplicación para móbiles.

 A deputada do BNG Rosana Pérez indicou que a súa formación apoia a iniciativa a condición de engadir unha emenda pedindo a publicación dos “informes científicos en que se basean as prohibicións de capturas de determinadas especies”.

 Pérez sinalou que un estudo de 2018 sobre a pesca recreativa calculaba en 62.000 os afeccionados que obteñen cada ano unhas 7.500 toneladas de peixe, o que representa do 5% ao 13% do total de capturas.

A Cámara pide á Xunta “a integración da perspectiva de xénero” nas políticas de marisqueo

Tamén a deputada do PSdeG Paloma Castro aludiu ao devandito informe sinalando que esas capturas teñen un “impacto real” no sector pesqueiro e avogou por aplicar medidas de control que foron adoptadas polas autoridades europeas.

 Nese sentido, indicou que a normativa foi aprobada polo Parlamento Europeo e indicou que, en todo caso, os galegos representantes do PP na devandita cámara deberían expoñer as súas discrepancias nese ámbito.

 A representante do PSdeG, cuxa formación votou en contra da iniciativa, aludiu, ademais, a un comunicado en marzo pasado da Xunta sobre a necesidade de “axustarse á normativa europea” en pesca recreativa emitido pola directora xeral de Pesca do Goberno galego, Patricia García, que dimitiu en xuño do cargo.

“Papel central” feminino

Ademais, o Parlamento pediu por unanimidade, a proposta do PSdeG, unha iniciativa na que reclama á Xunta “a integración da perspectiva de xénero” nas políticas de marisqueo, cun recoñecemento do “papel central” das mulleres.

 Esta proposición non de lei, aprobada na Comisión de Pesca, tamén avoga por fomentar a representatividade das mulleres nos órganos de decisión do sector. Así, requírense políticas de apoio á substitución xeracional no marisqueo, a mellora da conciliación, así como o recoñecemento social desta actividade. Este é un dos varios acordos que se alcanzaron na sesión de onte desta comisión.

 Outro dos foron defendidos polo PPdeG, ínstase ao Estado para defender ante a Comisión Europea “os intereses da frota galega nas negociacións internacionais de repartición de cotas de xarda, esixindo unha distribución xusta e proporcional”.

 Demándase que se aplique o regulamento europeo que permite restrinxir o acceso ao mercado da UE aos produtos pesqueiros procedentes de países que incumpran os acordos de pesca sostible.

O Hórreo rexeita recortes de cotas para o vindeiro ano, entre outros acordos da Comisión do sector

Tamén o BNG contou coa aprobación de dúas propostas. Nunha delas, o Parlamento esixe que o Estado se plante en Europa fronte a recortes de TAC e cotas de 2026.

 A Cámara pide que o Goberno central “manteña un posicionamento que asegure a viabilidade e a sustentabilidade da actividade e da frota pesqueira galega”.

 Reclama o cumprimento da sentenza do Tribunal de Xustiza da UE, na que se recoñece a importancia de atender as cuestións sociais e económicas e non só as ambientais na fixación das cotas.

 O outro acordo unánime pide que se cumpra o acordado en 2024 para que nos orzamentos da Consellería do Mar prioricen os investimentos para blindar o sector pesqueiro e marisqueiro e destinar recursos do fondo Fempa preferentemente á investigación sobre a perda de produtividade das rías. 

0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_sergio_ruiz_redideal_251121_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina