Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Galicia

López Campos destaca o "compromiso de dotar os concellos con equipamentos culturais de calidade"

López Campos visitou a Escola Municipal de Música de Portas
López Campos visitou a Escola Municipal de Música de Portas
Xunta de Galicia 
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, visitou hoxe as obras de remodelación da Escola Municipal de Música de Portas, unha actuación na que a Xunta achega 115.000 euros mediante un convenio co Concello. O proxecto ten un investimento total de 617.000 euros e prevese que remate no mes de agosto de 2026. 

O titular da Consellería subliñou que esta intervención permite seguir avanzando no compromiso do Goberno galego cos concellos en materia de mantemento e actualización dos seus equipamentos culturais. Segundo explicou, o proxecto está centrado en solucionar problemas de accesibilidade e reorganizar os espazos funcionais do edificio, en consonancia coa Lei de Cultura Inclusiva e Accesible de Galicia. 

“Con esta intervención, o municipio contará cunha infraestrutura adaptada ás necesidades da súa actividade sen dependencia doutras localidades”, afirmou López Campos, quen destacou o valor do centro como motor cultural do municipio. A escola, situada en San Xoán e construida en 1947 como antiga escola pública, está a ser adaptada á actividade musical que hoxe acolle. Entre as actuacións previstas figuran a reorganización de espazos, mellora dos accesos e construción dun local anexo destinado a almacén e cuarto de instalacións. Tamén se optimizará o sistema térmico para ofrecer un servizo axeitado ás persoas usuarias. 

O conselleiro resaltou o interese social do proxecto e o seu impacto na cohesión territorial, xa que permitirá que o alumnado dispoña dunha infraestrutura propia “sen depender doutros concellos urbanos limítrofes maiores”, reforzando así a autonomía e prestación de servizos locais. 

Coincidindo coa celebración do Día da Música, López Campos dedicou un recoñecemento ao talento musical galego, destacando a presenza de bandas emerxentes e logros internacionais como o Premio Grammy Latino á compostelá Isabel Dobarro polo mellor álbum de música clásica. 

Un edificio máis eficiente e funcional 

A escola está dividida actualmente nunha área dedicada ás actividades docentes e outra destinada a ensaios. A obra inclúe pechar o porche para aproveitar mellor o espazo, mellorar o illamento térmico, cambiar a estrutura da cuberta e dotar o centro de novo mobiliario, equipamento informático e sistemas de imaxe e son.

0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_sergio_ruiz_redideal_251121_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina