Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Galicia

A RAG pon ao colexio Milladoiro de Malpica como exemplo de que "é posible unha escola en galego"

O centro recibiu o I Premio ‘Na lingua que eu falo’, creado pola Real Academia Galega

Autoridades na entrega do premio no colexio Milladoiro este luns
Autoridades na entrega do premio no colexio Milladoiro este luns
Moncho Fuentes
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
620_dans_relojeros_redideal_251212_cristina
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
0620_arte_floral_calo_251121_carlos

O CEIP Milladoiro de Malpica recibiu onte o I Premio ‘Na lingua que eu falo’, creado pola Real Academia Galega coa vontade de recoñecer iniciativas, experiencias ou persoas que destaquen polo seu traballo a prol da normalización do galego entre os nenos, tanto no ámbito escolar como noutros espacios. “Dise que a infancia é o territorio da esperanza e do futuro, e no CEIP Milladoiro confírmase que o é. Nesta escola escríbese o presente e o mañá, o persoal e o que compartimos, na nosa lingua, e faise con naturalidade, autoestima e creatividade”, indicou o presidente da Real Academia Galega (RAG), Henrique Monteagudo, presente no acto.

Monteagudo destacou que con este recoñecemento a institución aplaude en primeiro lugar o labor do equipo docente dese colexio, “que dá o mellor de si cada día para educar cidadáns e cidadás comprometidos cun mundo mellor, desde a renovación pedagóxica e en galego, transmitíndolle ao alumnado o afecto pola lingua, consciente da importancia do emotivo na consolidación de valores e prácticas”.

Para o presidente da RAG, o CEIP Milladoiro “demostra que é posible, necesario e desexable unha escola en galego”. “A súa experiencia é un excelente exemplo de como os centros educativos poden ser, no canto de axentes de desgaleguización, como ocorre en tantos casos, espazos de reforzo e de agarimo pola lingua, vinculándoa ademais á tamén necesaria renovación pedagóxica e á transmisión dos nosos valores como pobo e da nosa identidade, engadiu.

A directora do centro, Ana Seoane Cives, que recolleu o galardón de mans de Monteagudo, destacou a importancia de educar en galego como “unha expresión do noso compromiso coa cultura e coa sociedade que nos arrodean”, sobre todo tendo en conta que en Malpica “o galego é moito máis ca unha lingua: é un reflexo da nosa maneira de sentir, de vivir e de relacionarnos co mar, coa terra e coa xente”. E a través da lingua “promovemos o pensamento crítico, o diálogo e o gozo compartido da cultura”, subliñou Ana Seoane.

O I Premio ‘Na lingua que eu falo’ tamén é para o alumnado e as súas familias, e dalgún xeito, para toda a comarca de Bergantiños, que presenta unha das maiores taxas de galego falantes de Galicia, tal como lembrou o presidente da RAG. A iniciativa creouse ao abeiro do seu proxecto web para o público infantil Primavera das Letras que coordina a académica Fina Casalderrey e apoia a Deputación da Coruña.

“Quixeramos que tomedes este recoñecemento coma unha sorte de medalla de ouro nunhas olimpíadas. O valor simbólico é inmenso”, díxolles aos nenos Casalderrey, escritora e mestra xubilada, encargada de conducir o acto, co alumnado de 5º curso. No acto presentouse unha escolma de experiencias do colexio para “coidar e empregar” o galego todo o ano, empregando as palabras do seu Dicionario Malpicán como “atalora”, “campal”, “che”, “meu” ou “becheche”, entre outras.

O alumnado de 6º curso interpretou a canción “Galicia Elemental” creada en comunidade no marco do proxecto documental integrado NÓS: patrimonio in-Material!, converténdose no momento de maior apoxeo no acto.

Entre as diferentes propostas coas que traballa o profesorado no colexio Milladorio que axudan a promover a lingua, destacan a radio escolar, o DichoLeo (gravación de pequenas pezas para ampliar o vocabulario), o Galicómic, o Diccionario malpicán, o Diccionario mariñeiro ou o xogo de mesa ‘E ti, de quen vés sendo’, involucrando así ás familias do alumnado. No acto tamén interviron o alcalde de Malpica e a deputada Sol Agra.

0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_sergio_ruiz_redideal_251212_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bico_redideal_251125_tamara