Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Galicia

Rianxo, pataqueiro ou bochinche: estas son as novas entradas no Dicionario da RAG

Real Academia Galega, en la calle Tabernas
Real Academia Galega, en la calle Tabernas
Javier Alborés
0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
620_dans_relojeros_redideal_251215_cristina
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif

A última actualización do Dicionario da Real Academia Galega suma un cento de voces. Entre as novas entradas figuran vocábulos que completan familias de palabras como antiincendios, bucinada, descifraxe / desciframento, estudantado, polifacetismo, parafusería, postergación, posvenda, ludoteca e enoteca e viñoteca, mais tamén voces tradicionais como bochinche, eis, naipelo, pataqueiro, -a, poma ou rianxo. Expresións como a descomán, sinónima de a desmán, e a sabendas de incorpóranse tamén canda outras voces de máis recente creación ou popularización como autofoto, conurbación, dina, feísmo ou surfear, así como o xentilicio gazano, -a.

As novas entradas no Dicionario da RAG
As novas entradas no Dicionario da RAG

Os termos do mundo da ciencia e da investigación conforman outro grupo con presenza nesta actualización, na que se engaden voces como audioloxía, bolboretario / xardín de bolboretas, grampositivo, -a e gramnegativo, -a, ademais de galeguística.

O Seminario de Lexicografía da Real Academia Galega traballa permanentemente na revisión e actualización do Dicionario en liña da institución, que se pode consultar de balde en academia.gal/dicionario. Alén de sumar a esta ferramenta palabras que designan distintas realidades, entre elas os neoloxismos, o equipo que coordina o académico Manuel González préstalle tamén atención ao labor que consiste en completar familias de palabras como as incluídas nesta última actualización. Malia que estas parten dunha mesma raíz común para crear distintas voces coa sufixación habitual do galego, a súa incorporación favorece a resolución de dúbidas sobre a súa escrita, en ocasións meramente ortográficas, como sucede con adictivo, que figura entre as novidades e que evita a súa confusión coa forma aditivo, de significado diferente.

O Dicionario da Real Academia Galega, con máis de 58.000 entradas, constitúe unha ferramenta fundamental para os usuarios e estudosos da nosa lingua. Na súa constante revisión, os membros do Seminario de Lexicografía teñen en conta, entre otros criterios, as demandas que os usuarios e usuarias fan chegar decote a través da lapela “Axúdanos a mellorar”. Froito deste proceso de escoita son algunhas das actualizacións máis recentes, como alfombreiro, -a ou auguista, incorporadas o pasado mes de xullo, ou as mencionadas bolboretario e gazano, -a.

Cada mes o Dicionario recibe uns tres millóns de consultas a través da versión web e da súa aplicación, dispoñible para Android e iOS.

0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251212_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara