O PPdeG insta ao Goberno a deixar de “boicotear” o traspaso da AP-9
Lembran que as tarifas subiron ata un 32% desde 2018, fronte ao 19% no resto das autoestradas estatais

O PPdeG instou ao Goberno central a atender a demanda do Parlamento galego e “deixar de boicotear o traspaso” da autoestrada AP-9 a Galicia.
Nunha pregunta rexistrada na Cámara Baixa, o PP galego cuestiona se o Executivo central procederá a ordenar a retirada, como “autor e inspirador”, das oito emendas presentadas polo PSOE á proposición de lei orgánica de traspaso da titularidade e competencias da AP-9 a Galicia e que, segundo denuncia, “van en dirección contraria á vontade dos galegos”.
O PP sinala que, deste xeito, no relatorio da Comisión de Transportes e Movilidade Sostible poderase aprobar –sen dilacións e con urxencia– un informe que respecte a literalidade da devandita proposición delei, que ademais foi aprobada ata en catro ocasiones no Parlamento de Galicia por unanimidade.
Os populares lembran que, esta mesma semana, a través doutra iniciativa do grupo popular, a Cámara galega solicitou “por maioría” ao PSOE, “coa abstención dos socialistas”, que retire as citadas emendas por “desvirtuar o acordo unánime”.
“Dixemos que iamos estar atentos e a esixir, e seguimos cumpríndoo, ata lograr o que todos ansiamos: unha AP-9 galega e sen peaxes”, expresou o deputado do PPdeG e vicepresidente segundo da Comisión de Transportes, Celso Delgado.
O PP critica que, “despois de case seis anos despois e máis de 60 bloqueos no Congreso, o PSOE rebélese ante o desexo dos galegos”.
O PP sinalou que as tarifas na vía subiron ata un 32% desde o ano 2018, fronte ao 19% no resto das autoestradas do Estado e, a pesar das bonificacións, o custo medio por quilómetro para o usuario segue sendo o maior de toda España.
Iniciativa no Senado
Do mesmo xeito, o PPdeG no Senado rexistraron unha iniciativa para que a Comisión de Transporte e Movilidade Sostible da Cámara Alta inste o Goberno central a transferir á comunidade a titularidade e as competencias da AP-9, “respectando deste xeito, na súa integridade, a petición unánime do Parlamento de Galicia”.
“Que o PSOE rompa o acordo alcanzado demostra o dobre discurso do socialismo a nivel nacional e en Galicia, ademais de quebrantar unha demanda da sociedade galega para garantir unha xestión máis eficaz da principal vía que vertebra a nosa comunidade”, expresaron os senadores.








