Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Galicia

Os bonos Activa Comercio poden descargarse a partir de este mércores

Cada persoa terá acceso a un desconto de 30 euros nos establecementos adheridos

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, este luns, durante a reunión do Consello da Xunta
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, este luns, durante a reunión do Consello da Xunta
Lavandeira Jr (Efe)
banner-620x50
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
liceo620
MCDONALDS 620X50

A Xunta activa unha nova edición dos bonos Activa Comercio, que poderán descargarse a partir das 09.00 horas deste mércores, 5 de novembro. Cada bono terá un desconto de 30 euros para as compras realizadas nos comercios adheridos.

 Tal e como anunciou o presidente do Goberno galego, Alfonso Rueda, na súa comparecencia posterior ao Consello da Xunta, a segunda edición contará con 2,5 millóns de euros e publicarase hoxe no Diario Oficial de Galicia.

 Segundo o mandatario autonómico o obxectivo é “permitir descontos nos comercios galegos” e estimular o sector “para a campaña de Nadal”.

Así, o Goberno galego prevé “mobilizar un mínimo de 8,5 millóns en vendas” no comercio de proximidade de Galicia.

Como novidade, os establecementos non terán que inscribirse de novo para participar na iniciativa, senón que segue vixente a adhesión da primeira edición –celebrada en xuño–, para “gañar en axilidade en beneficio tanto dos comerciantes como das persoas consumidoras”.

 En todo caso, sinalou que se algún comercio quere facelo agora ten de prazo ata o 15 de decembro ou ata que finalice o crédito desta edición. Cada bono terá un desconto de 30 euros nos establecementos adheridos, poderase descargar a través da web www.bonosactivacomercio.gal e trocarase nas tendas mediante o seu formato dixital QR.

 Así, ás compras iguais ou superiores a 20 euros e inferiores a 30 euros corresponderalles un desconto de cinco euros. A rebaixa será de dez euros para as compras iguais ou superiores a 30 euros e inferiores a 50 euros.

 A partir desta cantidade, o desconto alcanzará os 15 euros. Cada persoa poderá descargar un único bono, e non se limitará o número de usuarios que poden descargar os bonos, senón que cando o importe total dos descontos realizados alcance os 2,5 millóns, os bonos descargados xa non se poderán utilizar. 

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620