Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Galicia

Gadis impulsa o talento coa entrega de 12.000 libros de microrrelatos

Este venres, 31 de outubro e ata fin de existencias, entregaranse 12.000 libros de microrrelatos en todos os Supermercados Gadis de Galicia e Castela e León

Libro de microrrelatos de Gadis
Libro de microrrelatos de Gadis
Cedida

Gadis publicou un libro que recompila os 90 microrrelatos finalistas e premiados, seleccionados entre os 2.585 que participaron no seu xa tradicional concurso, que este ano alcanzou a sexta edición e obtivo un novo récord de participación. A cadea de supermercados editou un total de 12.000 exemplares que, co título “O destino”, repartiranse de forma gratuíta en todos os puntos de venda de Galicia e Castela e León ata esgotar existencias este venres, 31 de outubro. 

Gadis reforza o seu compromiso coa promoción do talento emerxente, a creatividade e a difusión cultural. Nestas seis edicións, o concurso de microrrelatos reuniu a unha diversidade de autores, tanto pola súa orixe como pola disparidade de idades, converténdose en punto de encontro interxeracional. Este ano, os textos proceden de 31 provincias distintas. A idade dos participantes oscila entre os 14 e 92 anos. 

Con esta acción, Gadis busca celebrar a cultura e fomentar o hábito de lectura entre os seus clientes, ademais de dar visibilidade ao talento dos finalistas ofrecendo relatos de menos de cen palabras que enganchan desde a primeira liña. As historias abarcan diferentes xéneros nunha demostración de que a brevidade tamén pode resultar moi expresiva.

O libro editouse en formato peto, pensado para facilitar a súa lectura, e tamén está dispoñible en versión dixital co obxectivo de chegar a máis persoas. Pode descargarse en http://www.gadismicrorrelatos.com/. 

Apoio á industria editorial

Esta acción é un exemplo máis do compromiso de Gadis coa cultura, recollido no seu programa de Responsabilidade Social Corporativa e que lle levou a publicar máis de 500.000 libros.