Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Galicia

A Xunta pide ao Goberno que acelere a homologación das titulacións dos BEME

Estas bolsas buscan atraer talento cualificado e fomentar o retorno da mocidade universitaria

González, xunto ao presidente Rueda, tras un Consello da Xunta
González, xunto ao presidente Rueda, tras un Consello da Xunta
Arquivo El Ideal Gallego

O conselleiro de Emprego, Comercio e Migración, José González, recibiu este sábado ás persoas beneficiarias da novena edición das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior 2025-26 (BEME) e pediu ao Goberno central que acelere a homologación das súas titulacións para potenciar o seu talento e inserción laboral.

 O titular de Emprego insistiu en que é urxente que o Estado axilice o proceso de recoñecemento das súas titulacións de orixe, algo que a Xunta reiterou esta mesma semana en coordinación coas universidades galegas.

 Estas bolsas puxéronse en marcha en 2017 en Galicia co obxectivo de atraer talento cualificado e fomentar o retorno da mocidade universitaria galega residente no exterior, lembrou a Xunta nun comunicado.

Balance

O programa permitiu ata o de agora o retorno de 1.700 mozos procedentes de máis de 40 países aos que se suman os beneficiarios do programa Retorna Talento FP.

 Nesta edición, os 250 mozos beneficiarios destas bolsas cursan estudos en máis de 70 máster das tres universidades públicas galegas.

 A maior parte deles proceden de América Latina: 98 de Arxentina, 33 de Uruguai, 31 de Cuba, 22 de Venezuela e 20 de Brasil.

 A todos eles súmanselles outros 17 procedentes de países do continente europeo. 

No acto de benvida aos beneficiarios , o conselleiro de Emprego quixo lembrarlles que o 80% dos beneficiarios dos cursos anteriores continúa residindo, traballando ou emprendendo na comunidade galega.