Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Galicia

Comeza no CEIP de Sigüeiro o plan contra a gripe en colexios coa vacinación de 140 nenos

Rueda desprazouse a este centro para supervisar o inicio dun programa que aspira a chegar a uns 19.000 menores

Una sanitaria vacina a unha nena, este luns, no CEIP Camiño Inglés
Una sanitaria vacina a unha nena, este luns, no CEIP Camiño Inglés
Lavandeira JR (Efe)
banner-620x50
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
liceo620
MCDONALDS 620X50

O Goberno galego informou de que, no primeiro día do programa piloto da Xunta de vacinación intranasal fronte á gripe nos centros educativos galegos, que se iniciou este luns no CEIP Camiño Inglés de Sigüeiro, no municipio coruñés de Oroso, vacináronse 140 nenos, o que supón que un 65,4% dos candidatos deste colexio sumáronse a este programa piloto.

 Precisamente, o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, desprazouse a este centro para supervisar a posta en marcha deste programa co que o Executivo autonómico busca chegar os 19.000 nenos de entre tres e once anos.

 Rueda, acompañado do conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez; e o conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, acudiu ao comezo da activación dun programa pioneiro que permitirá que, de maneira voluntaria, os alumnos de Infantil e Primaria de 55 colexios de Galicia poidan ser vacinados contra a gripe nos seus propios centros por persoal de enfermería das áreas sanitarias.

 O Servizo Galego de Saúde (Sergas) opta pola vacinación vía intranasal que evita picadas e ten o obxectivo de conseguir unha cobertura do 70% entre os menores nados entre 2014 e 2022 que estean matriculados nos centros que participan no proxecto piloto. 

En paralelo, onte tamén comezou a campaña de vacinación infantil contra a gripe de carácter xeral en todos os centros de saúde da comunidade. Está dirixida aos nenos entre seis meses e once anos. 

As familias recibirán un SMS coa cita correspondente que non será precisa no caso de participar na vacinación piloto en centros escolares. 

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620