Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Galicia

Galicia busca ser a primeira comunidade en prohibir a venda de vapeadores e bebidas enerxéticas a menores

O proxecto de lei, a debate esta semana no Parlamento, equipara estes produtos ao tabaco e ao alcol

Un mozo fuma un cigarrillo electrónico
Un mozo fuma un cigarrillo electrónico
Arquivo El Ideal Gallego
beowner620V2
COLIMA 620
banner-620x50
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
liceo620
MCDONALDS 620X50

O proxecto de lei de protección da saúde dos menores e prevención de condutas aditivas chega este martes ao Pleno do Parlamento de Galicia para a súa aprobación definitiva. Unha lei que prohibe a venda de vapeadores e bebidas enerxéticas a menores ao equiparalos ao tabaco e alcol.

 Á iniciativa só rexistróuselle unha emenda, do BNG, que solicita a súa devolución ante a súa “tremenda ambigüidade”, cunha “sucesión de xeneralidades, sen concrecións”.

 O Consello da Xunta aprobaba a finais de xullo o proxecto de lei, un texto que converte a Galicia na primeira comunidade en regular e prohibir a venda e o consumo destes produtos entre os menores de idade. A iniciativa incorpora diferentes achegas de sectores implicados, de organismos públicos, de entidades sociais e da cidadanía.

 En palabras do conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, tras o debate da proposición na reunión do Consello, trátase dunha norma “necesaria, valente e ambiciosa” coa que busca unha acción “coordinada” da sociedade para protexer a saúde dos menores. 

O proxecto de lei prohibe a venda de cigarros electrónicos a menores e amplía a prohibición de fumar aos accesos dos centros da administración pública, centros educativos e sanitarios, nos que non se permite fumar nun radio de 50 metros.

 Ademais, para reducir o número de fumadores pasivos, tampouco estará permitido fumar nas marquesiñas de transporte público nin nas piscinas de uso público. 

Galicia será “pioneira” a nivel nacional na súa prohibición de venda e consumo por parte de menores, unha medida que tomaron países europeos como Polonia e Letonia.

 Para contribuír á concienciación social sobre o contido destas bebidas, os establecementos deberán situalas nun espazo separado con respecto aos refrescos. 

O Goberno galego destaca que o consumo destas bebidas é habitual entre a mocidade mesturado con alcol, o que incrementa o risco de coma etílico.

 Neste sentido, a Consellería de Sanidade establece que os servizos sanitarios solicitarán a presenza das familias do menor que teña que ser atendido por intoxicación provocada polo consumo dalgunha substancia psicoactiva. 

O proxecto incorpora, como novidade, a posibilidade de substituír as sancións pola participación en programas preventivos ou asistenciais. 

Nos controis do programa de saúde infantil a partir dos doce anos, incorpóranse intervencións preventivas de cribado e intervención do consumo de alcol, tabaco, cánnabis, bebidas enerxéticas e uso problemático das tecnoloxías dixitais. 

Ademais, o proxecto de lei define as mesmas competencias para os entes locais que as establecidas na lei de 2010 de prevención do consumo de alcol en menores. 

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620