Imprimir

“Traballamos nunha aplicación que poida indicar a un peón que ruta é máis saudable”

Redacción | 12 de julio de 2016

O investigador e doutor en Informática Miguel R. Luaces	quintana
O investigador e doutor en Informática Miguel R. Luaces quintana

Miguel Rodríguez Luaces, dou-
tor en Informática pola Universidade da Coruña, é membro do Laboratorio de Bases de Datos da institución académica e participa ou dirixe varios proxectos de investigación.

Miguel Rodríguez Luaces, dou-
tor en Informática pola Universidade da Coruña, é membro do Laboratorio de Bases de Datos da institución académica e participa ou dirixe varios proxectos de investigación.

Como saltou á investigación? 
Rematei a carreira no 98 e tiña claro que quería liberdade ao elixir as cousas que quería facer. No campo da investigación non vas estar vinte anos nun banco facendo un programa de contabilidade. Xurdíu a posibilidade de facer unha estancia de dous anos en Alemaña, e caín nun grupo de investigación no que traballaban na información xeográfica. Descubrín que me gustaba e se me daba ben. Aló dediqueime a traballar en bases de datos espazotemporais: como representar en ordenadores obxectos que se moven polo espazo.

Por exemplo? 
A posición dos barcos no mar, dos cidadáns nunha cidade... Cando volvín á Coruña empecei a traballar na Enquisa de Infraestruturas, un proxecto que no laboratorio levamos facendo desde o ano 2000 para a Deputación. Esta ten a obriga de recoller a información das infraestuturas que son de propiedade municipal, como o abastecemento de augas. Fixemos un sistema para recoller esta información e poder traballar con ela.

Recopila a información ou aporta pluses? 
Permite facer cálculos. En vez de ter que calcular a man cal é a lonxitude da rede de abastecemento de augas que dá servizo a Sada, podes calculalo automáticamente. Ou coñecer cales son os núcleos de poboación aos que é máis difícil acceder, que teñen peores estradas ou máis sinuosas.

Traballa nun proxecto para software de big data, financiado, entre outros, por Indra. 
Ata hai uns anos, as aplicacións de software facíanse a man, pero xa temos compoñentes que permiten montar aplicacións sen empezar de cero. Os coches, ao principio, facíanse a man; despois se fixeron cadeas de montaxe. O proxecto trata de intentar levar esa idea ao software: coller compoñentes xa desenvolvidos, xuntalos e construir os diferentes productos.

Que tipo de software é? 
De xestión de sistemas de información xeográfica. Por exemplo, imaxinemos un xornal que queira saber a que puntos do mapa se refiren as noticias de toda a súa hemeroteca. Ou un concello que queira ver onde están os expedientes do seu arquivo nun mapa.

Tamén traballa noutro proxecto, con varias empresas, para a xestión de rutas.
É un proxecto con empresas nas que os seus traballadores teñen  que moverse polo territorio: dedícanse a recoller cadáveres de animais, asistencia a domicilio... Todas necesitan planificar a que sitios teñen que ir os seus traballadores e por onde. Posteriormente, precisan ver se os empregados puideron cumprir a planificación, recollendo a información do que fallou para planificar mellor: tal camión sempre chega tarde porque no camiño para acceder a tal granxa sempre perde media hora... Nalgúns casos son camións que se moven pola estrada, noutros, coches pola cidade, e aí pode haber problemas de atascos, desprazamentos a pé... Tamén serve para demostrar que cumpriches co servizo.

Os traballadores ou os vehículos están xeolocalizados? 
Si, cos móviles. Agora mesmo todos os móviles levan un GPS.

Desenvolve tamén proxectos de I+D financiados por institucións públicas, o Goberno ou a  Unión Europea. 
Son de investigación máis pura. Aí intentamos aplicar sistemas de información xeográfica a smart cities, para facer cousas como o cálculo de rutas eficientes ou saudables. O noso obxectivo é facer dúas aplicacións. Unha delas sería para conductores, que diga se conducen eficientemente ou non. Por exemplo, se todos os coches ao chegar a tal rotonda frenan bruscamente, o sistema diríache cen metros antes, “coidado, entra con calma”. E outra sería para os peóns: se tes que ir camiñando a un sitio da cidade proponche a ruta máis saudable. Se tes alerxias non te leva por un parque, ou non te leva por Alfonso Molina para que respires fumes.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/coruna/traballamos-nunha-aplicacion-poida-indicar-peon-ruta-mais-saudable/20160711213536292802.html


© 2020 El Ideal gallego