Imprimir

Un incendio nun domicilio provoca o desaloxo dun edificio en Ribeira (A Coruña)

EuropaPress | 02 de agosto de 2015

Un incendio provocou o desaloxo dun edificio situado na rúa Cristóbal Colón de Ribeira (A Coruña), este sábado ás 22,30, segundo informou o 112 Galicia.

Un incendio provocou o desaloxo dun edificio situado na rúa Cristóbal Colón de Ribeira (A Coruña), este sábado ás 22,30, segundo informou o 112 Galicia.

As lapas comezaron nunha papeleira dun cuarto que servía de despacho e estendéronse dende o chan ata os mobles do domicilio.

Despois de que un particular advertise dos feitos ao 112, as forzas da orde procederon a desaloxar o inmoble con motivo da presenza de menores entre os inquilinos.

Mentres tanto, os bombeiros de Ribeira e de Boiro encargáronse de extinguir o lume. Tamén interviñeron a Policía Nacional e Local e o Grupo de Emerxencias de Ribeira.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/galicia/incendio-nun-domicilio-provoca-desaloxo-dun-edificio-ribeira-coruna/20150802131704252078.html


© 2020 El Ideal gallego