Imprimir

Ana Olveira | “O reto é que na Cidade das TIC estea moi presente a economía social”

l.pazo a coruña | 07 de noviembre de 2019

Ana Olveira durante un evento de la unión de cooperativas galegas
Ana Olveira durante un evento de la unión de cooperativas galegas
PRESIDENTA DE ESPAZOCOOP  A Unión de Cooperativas Galegas organiza hoxe no mercado de San Agustín unha mostra na que se falará, entre outras cousas, das oportunidades de negocio que representan as TIC, polo de atracción para novas empresas

O mercado de San Agustín acollerá hoxe, a partir das 11.00 horas, unha Mostra de Iniciativas de Economía Social Pop-up, un encontro co que se pretende fomentar a economía social, a gran descoñecida.

Espazocoop, a Unión de Cooperativas Galegas, é a impulsora desta iniciativa e a súa presidenta, Ana Olveira, será a encargada de presentar a Axenda para o fomento e a creación de empresas de Economía Social no sector TIC na Erorrexión.

 

Como lle describiría a todo aquel que estea a ler a entrevista o que é a economía social se nunca escoitou falar dela?

É aquela economía que se centra nas persoas, que as sitúa no centro. As entidades de economía social, evidentemente, temos que ser rentables pero nas nosas decisións priman sobre todo sobre as persoas. E o que facemos con isto é, por un lado, evitar os peches porque de feito nós tampouco tivemos moitos durante a época de crise, senón que aumentamos o número de entidades de economía social e, por outro lado, tamén mantemos empregos. Outra das características que temos é que tampouco deslocalizamos porque se o principal son as persoas, o que facemos é xerar emprego naquelas zonas onde nos asentamos.

 

As empresas de carácter social, ¿seguen aínda a sentirse un pouco invisibles?

Si, porque ás veces se poden coñecer as fórmulas cooperativas ou outras formas de economía social como os centros especiais de emprego, empresas de insercción laboral... É un concepto que se coñece máis a nivel europeo e noutros países pero en Galicia costa que teña arraigo. De todas formas, cada vez máis a cidadanía empeza a coñecela porque tamén dende Europa como desde as institucións a nivel estatal e autonómico, se está poñendo énfase. Non en van somos o 10% do PIB galego.

Cantas empresas deste tipo pode haber na Coruña?

Hai 88 cooperativas agora mesmo activas, que son 33 máis que no momento da crise e, de feito, moitas delas consituíronse nos últimos anos.

 

Entón, a pesar do descoñecemento, o número avanza aínda que pouco a pouco...

Eu sempre digo que, sobre todo no cooperativismo, nós non somos de grandes cifras pero a suma de todas as nosas entidades si que dan esas grandes cifras. Somos a economía das pequenas cousas, que son as que realmente sustentan a grande economía. De feito, o tecido maioritario galego é, maioritariamente, de pequena e mediana empresa.

 

Na Coruña hai 88 cooperativas sociais agora mesmo activas, 33 máis que no momento da  crise e, de feito, moitas delas creárons nos últimos anos

Vostede será a encargada de presentar a axenda pola cal se demostran as posibilidades que brindan as TIC á economía social.

Eu diría que o uso das Tecnoloxías da Información e a Comunicación é un activo estratéxico transversal, pode ser viable e necesario para todo o tecido empresarial. En Galicia temos un déficit de empresas TIC e, tanto a Xunta como as distintas organizacións do ámbito local e provincial, indican que é unha das liñas estratéxicas que temos que implantar. Temos que darnos conta de que o uso das TIC é un facilitador para a modernización do tecido productivo e nos axuda a superar retos sociais que temos agora mesmo.

 

¿A aposta pola futura Cidade das TIC da Coruña afianza aínda máis este concepto?

De feito, unha das cuestións que se establecen na axenda que podía fomentar o crecemento de entidades TIC precisamente é a xeración de polos onde estas empresas puideran colaborar e sentirse arroupadas. E a cidade das TIC penso que vai ser un deses polos.

 

Que puntos destacaría do documento?

Que as fórmulas de economía social se adaptan prácticamente como un guante ao que sería a xestión dunha empresa TIC porque somos entidades moi horizontais onde prima a xestión democrática e que esto pode axudar tamén aos perfis que compoñen as empresas TIC, porque adoitan ser con persoal moi cualificado, con un grande valor engadido, e onde as persoas intentan traballar desta forma máis horizontal.

 

Cales son os retos que teñen por diante neste sector?

Cando lles preguntamos a persoas que son emprendedoras ou que teñen un modelo de negocio centrado nas TIC por que non o fixeron baixo a fórmula de economía social nos din que non o coñecían. O reto é ese, chegar a economía social a aqueles espazos onde se fomentan ou nacen esas empresas. De feito, o grande reto na Coruña sería que nesa Cidade das TIC estivese moi presente como catalizador para a creación de novas empresas.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/coruna/ana-olveira-reto-cidade-das-tic-estea-moi-presente-economia-social/20191106222027419143.html


© 2019 El Ideal gallego