Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Paderne

Samede chora a Vicente da Portela, o home que impulsou a recuperación do seu entroido

Vicente da Portela
Vicente da Portela
Entroido de Samede
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif

O Entroido de Samede, en Paderne, está de loito. Vicente da Portela, un dos principais impulsores do rexurdimento desta festa esquecida durante anos na vila, vén de falecer deixando tras de si un legado inmaterial.

"Hoxe non só lle dicimos adeus a un querido veciño. Despedímonos dun gardián da nosa cultura, un mestre da tradición e un amigo que nos ensinou que a verdadeira herdanza non reside nos libros, senón no compromiso de manter viva a chama", sinalaron a través das súas redes sociais dende a asociación que cada ano revive un entroido ancestral que estivo durante décadas perdido. 

Vicente da Portela foi tamén un dos principais informadores que permitiron recuperar a muiñeira cruzada, unha peza moi pouco común no folclore tradicional galego, unha danza só bailada por mozos e mozas en idade de casar que no canto de iren disfrazados, vestían de cores brancas e con espectaculares sombreiros de cintas e adornos: "Que saibades que o seu legado está a salvo, que cada vez que celebremos o Entroido, él estará presente. O seu nome estará para sempre ligado ao rexurdimento da nosa festa máis ancestral".

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina