
O BNG de Miño anunciou que o actual portavoz municipal, Alberte G. Nicolás, será o candidato da formación nacionalista ás eleccións municipais de 2027. A decisión vén acompañada da presentación dos primeiros postos da candidatura, que contará con Tania Casás no número 2 e Jonás Vidal no número 3, configurando un equipo co que o BNG quere "asentar no municipio de Miño o modelo de goberno transformador que a formación nacionalista representa".
G. Nicolás sinala que afronta esta responsabilidade “con ilusión e con convicción nun proxecto que leva anos demostrando que se pode facer política útil, próxima e centrada en mellorar o día a día da veciñanza”.
O xa candidato destaca o labor realizado polo BNG neste mandato, “no que non nos limitamos a sinalar problemas, senón que puxemos enriba da mesa alternativas concretas en ámbitos como os servizos sociais, a mobilidade, o urbanismo ou o mantemento das parroquias”.













