Curtis
O PSOE de Curtis denuncia a "opacidade e discrecionalidade" na concesión de axudas ás asociacións

Fernando Rey, voceiro do PSOE de Curtis
CEDIDA
O PSdeG-PSOE de Curtis denunciou a falta de transparencia do Goberno municipal na distribución das partidas económicas destinadas ás asociacións do concello e reclamou que se fagan públicos os criterios empregados, as contías concedidas e a relación completa de entidades beneficiarias.
O portavoz socialista, Fernando Rey, asegura que o alcalde mantén “oculta” a información relativa ás achegas outorgadas a diferentes colectivos e critica que estas se concedan "sen uns criterios públicos, obxectivos e coñecidos polo conxunto da veciñanza".
"O Goberno municipal ten agochadas as partidas que o alcalde concede ás asociacións que el decide, mentres existen numerosas entidades do municipio que non reciben nin un só euro do Concello", denuncia Rey.














