Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Curtis

Curtis reorganiza a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil para aumentar a súa operatividade

Pleno del Ayuntamiento de Curtis en el que se aprobó el apoyo a los trabajadores de Losán
Pleno del Ayuntamiento de Curtis 
Quintana
banner-620x50
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
liceo620
MCDONALDS 620X50

O Concello de Curtis culminou a reorganización da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil (AVPC). O proceso iniciouse coa aprobación dun regulamento que dota o grupo dun marco de funcionamento moderno e eficaz, incrementando a operatividade e funcionalidade do servizo. Desde o Goberno local indican que durante o prazo de exposición pública non se presentou ningunha alegación ao mesmo.

A agrupación está formada agora por 30 voluntarios en activo, o número máximo permitido pola normativa municipal. "Trátase dunha cifra máis que suficiente para atender as necesidades operativas do concello. Os membros foron seleccionados en base á súa antigüidade na AVPC e creouse ademais unha listaxe de agarda para ir incorporando novos efectivos en caso de producirse baixas", explica o Executivo local.

Esta limitación no número de integrantes vén motivada polas características demográficas do municipio, así como por cuestións de operatividade e saúde financieira. Deste xeito, garántese un funcionamento óptimo da agrupación. A directiva da agrupación xa coordinou ante a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior a reestruturación do cadro de voluntarios, en cumprimento da nova normativa.

O alcalde, Javier Caínzos, destacou que "con este regulamento damos un paso importante para que a nosa agrupación de voluntarios traballe con todas as garantías e coa mellor organización posible, sempre tendo en mente o obxectivo de mellorar a seguridade de todos os veciños e veciñas do noso municipio".

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620